Kellog

localidade de Rusia

Coordenadas: 62°20′N 86°16′L / 62.333, -86.267

Kellog (en ruso Келлог) é unha localidade rural do raion de Turukhansk, no krai de Krasnoiarsk, Rusia.[1]

Localización do raion de Turukhansk.

É un lugar coñecido por ser unha das tres localidades (as outras dúas son Surgútikha e Madúika)[2] nas que viven uns poucos individuos do pobo keta.

Os ketasEditar

Artigo principal: Pobo keta.

Os ketas son un grupo étnico pouco coñeocido cuxa lingua, o keto, a última supervivente do gupo das linguas ieniseianas, que a maioría dos autores inclúen na suposta familia das linguas dené-caucasianas, relacionada coas linguas na-dené dos pobos indíxenas de América.[2]

Segundo o censo de 2002, había 1 494 ketas en Rusia.[2] Pero o número de individuos que teñen como lingua materna este idioma era tan só de 213 en 2010.[3] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües,[4] polo que se considera un idioma en perigo de extinción.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar

  1. Lei #10-4765. Asemblea Lexislativa do Krai de Krasnoiarsk Krai. Lei # 10-4765 do 10 de xuño de 2010 sobre o Rexistro das Unidades Administrativo-Territoriais e as Unidades Territoriais do Krai de Krasnoiarsk, emendada pola Lei # 7-3007 do 16 de decembro de 2014, sobre a estrutura administrativo-territorial do distrito de Bolsheuluiski e sobre a modificación da Lei do Krai "sobre o rexistro das unidades administrativo-territoriaos e as unidades territoriais do Krai de Krasnoiarsk". Efectiva a partir do 1 de xullo de 2010. (Traducida do ruso o 2 de abril de 2019).
  2. 2,0 2,1 2,2 Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. London: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1.
  3. Kryukova, Elena (2013): "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39.
  4. Vajda, Edward J. (2006). Loanwords in the World's Languages: a Comparative Handbook. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 471–500.