Edward Vajda
lingüista estadounidense
Edward Vajda, nado o 10 de setembro de 1958, é un lingüista especializado en lingüística comparativa e lingüística histórica que traballa na Western Washington University, no estado norteamericano de Washington.
Edward Vajda | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1958 |
Lugar de nacemento | Marine Corps Base Camp Lejeune |
Alma máter | Universidade de Indiana |
Ocupación | lingüista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Acadou notoriedade por un seu traballo no que propón unha nova familia de linguas dené-ieniseianas, ao tentar estabelecer que a lingua ket de Siberia ten un antecesor lingüístico común coas linguas na-dené de América do Norte. Comezou a estudar o idioma ket nos anos 1990, logo da desaparición da Unión Soviética; entrevistouse con falantes de ket en Alemaña e, posteriormente, viaxou até Tomsk no suroeste de Siberia para realizar recollida de datos en traballo de campo.[1]
Notas Editar
- ↑ "Distant Native languages bridge Bering Sea: Siberian culture's words have echo in North America. 2008-03-04". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2008.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina persoal de Vajda na Western Washington University (en inglés)