Os dena'ina (na súa lingua, «xente»), tamén chamados antigamente tanaina ou knaiakhotana («xente da península de Kenai», pola zona montañosa onde habitaban), son un pobo indíxena do grupo de linguas na-dené que vivían no sur de Alasca. Dividíanse en oito grupos: Clark lake, Iliamna, Lower Inlet, Sutsina, Tyonek, Upper Inlet, Lime-Hungry e Stoney River.

Pobo dena'ina
Territorio dena'ina antes do contacto.
Poboación
Poboación total:
1 000[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosAlasca
Aspectos culturais
LinguaLingua dena'ina e inglés
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Ahtna, deg hit'an e outros pobos atapascanos

Localización editar

Ocupaban o territorio comprendido entre a enseada de Cook (Cook Inlet) e o cabo Clark, na costa do golfo de Alasca, no sur de Alasca.

Demografía editar

Segundo Asher, en 1980 eran 900 individuos, dos cales só 250 falaban a lingua na-dené. Segundo outros, en 1990 eran 1.500 individuos. Segundo datos do BIA de 1995, vivían nos poboados de Eklutna (48 h/50), Iliamna (62 h/65), Kenaitze (535 h/562), Knit (31 h/33), Ninilchik (89 h/93), Nondalton (159 h/167), Pedro Bay(38 h/40), Salamatoff (104 h/109), Tyonek (142 h/149), Lime (40 h/42), e en Chickaloon (9 h) cos ahtna e en Seldovia (191 h/201) cos alutiiq. En total, 1.310 individuos (sen contar os dous últimos).

Costumes editar

Alimentábase do salmón e outros peixes, pero tamén cazaban osos, cabras, focas, caribús e outros animais. Vivían en casas de troncos e de turba en inverno, e en cabanas no verán durante a pesca do salmón, como as outras tribos na-dené dos arredores. Tiñan casas dobres con almacéns nos que secaban o pescado. Desprazábanse en kaiaks e umiaks, como os inuit, e tamén levaban polainas e zorras con cánidos. Tecían vestidos con teares de madeira, e usaban na súa fabricación plumas e debuxos xeométricos. Dividíanse en numerosas tribos e subgrupos, e cada un deles, á súa vez, tiña outras subdivisións con clans exogámicos. Había dúas clases sociais, os comúns e os nobres, cada unha delas cun caudillo que era máis guía paternal que líder. O poder real tíñao un Consello que actuaba en tempos de guerra. Eran inimigos naturais dos inuit, e tamén celebraban un potlatch na honra dos mortos, dos anciáns ou ben para celebrar a primeira caza do primoxénito, un matrimonio ou unha reunión, e a principal finalidade era facer ostentación dos regalos. Crían que todas as cousas da natureza estaban animadas por poderes especiais, de aquí a atención que prestaban aos xamáns, tabús e amuletos.

Historia editar

Desde 1760 os rusos tiveron contacto con Alasca, mais pouco trataron cos dené do interior, a diferenza dos inuit, aleutianos e tlingit. Cara 1834 exploraron o río Yukón e Kuskokwin. Isto fíxolles entrar en conflito coa Compañía da Baía de Hudson, aínda que seguiron mantendo un comercio bastante activo. O 30 de marzo de 1867 toda Alasca foi obxecto dun tratado de compra do goberno dos Estados Unidos, que lles pagou 7,2 millóns de dólares en ouro aos rusos. O goberno pasoulle o control á Alaska Commercial Company (ACC), e o 17 de maio ditou a primeira lei orgánica para aplicar as leis de Oregón. En 1912 creouse o primeiro grupo indio, Alaska Native Brotherhood, para protexer os seus intereses. En 1968 fundouse o Native Land Claims Movement (NLCM), con apoio de ecoloxistas, para evitar as expropiacións a causa dos descubrimentos petrolíferos, e reclamou compensacións, o cal forzou en 1971 á aprobación da «Alaska Native Claims Settlement Act», unha lei que extingue os títulos de propiedade aborixes en Alasca e ordena o establecemento de corporacións que administren as terras.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar