Pneumática
Denomínase pneumática á técnica que ten como obxectivo o estudo e aplicación do aire comprimido para producir os efectos mecánicos desexados.
O aire comprimido que se emprega industrialmente procede do contorno onde se traballa. Úsase aire comprimido ata unha presión de 6 e 12 bares, respecto da presión atmosférica.
Magnitudes e unidades
editarAs magnitudes empregadas na pneumática son a presión e o caudal.
- Presión é a forza exercida perpendicularmente polo aire por unidade de superficie. Exprésase como:
- onde F é a forza exercida (en N no SI), S a superficie onde actúa a presión (en m2 no SI) e p é a presión do aire (en Pa no SI).
- Caudal é a cantidade de fluído (neste caso, aire a presión) que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo. Exprésase como:
Circuíto pneumático
editarOs circuítos pneumáticos constan basicamente de:
- Conversor: compresor.
- Acumulador: depósito de aire.
- Elementos de protección: secador e filtros.
- Elementos de control: válvulas.
- Receptor: cilindros.
Aire comprimido
editarO aire comprimido pode usarse de dúas maneiras distintas:
- Como elemento de mando e control, permitindo abrir e pechar determinadas válvulas.
- Como enerxía motriz. Ao entrar o aire comprimido no interior dun cilindro, pode desprazar o seu émbolo e barra cara a adiante e cara a atrás, facer xirar un motor pneumático (coma se fose un ventilador) ou mover unhas pinzas pneumáticas.
O aire que se utiliza procede do contorno onde se encontre instalado o compresor. Xeralmente conterá po, óxidos, partículas de xofre e outras substancias, ademais de auga. Hai que tratar de eliminar todo iso para que non afecte ao normal funcionamento dos distintos elementos de que consta a instalación pneumática.
Pneumática na industria
editarO emprego da pneumática na industria supuxo a automatización da maioría dos procesos industriais.