Plus ultra

(Redirección desde «Plus Ultra (lema)»)

Plus ultra é unha locución latina que significa "Máis aló" e é o lema de España.

Lema Plus ultra no Concello de Sevilla
Escudo de España co lema Plus ultra ao redor das Columnas de Hércules

Orixe editar

Foi Carlos I de España (tamén coñecido como Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico), quen o utilizou como o seu lema persoal como expresión do dinamismo do novo Imperio español.

Segundo os estudos de Earl Rosenthal[1], o lema provén da influencia do médico e conselleiro persoal de Carlos V, o humanista milanés Luigi Marliano. Este aconsellou ao novo duque e futuro emperador en 1515, cando acadou a súa maioría de idade e foi proclamado Gran Mestre da Orde do Vélaro de Ouro, poñer baixo a súa oficina o lema latino Plus ultra.

Exploración marítima editar

Este lema empregouse para animar aos navegantes a desafiar e esquecer a antiga advertencia da mitoloxía grega, segundo a cal Hércules puxera dous piares no Estreito de Xibraltar, e críase que eran o límite do Mundo, a última fronteira que os navegantes do Mediterráneo podían alcanzar. Era o Non Terrae Plus ultra (Non existe terra máis aló) en referencia tamén a Fisterra, pero este lema perdeu o seu poder simbólico a raíz de que Cristovo Colón chegase ás Indias Occidentais cruzando o océano Atlántico en 1492.

Lema editar

Desde entón, este foi o lema de España, a excepción de Unha, Grande e Libre, lema do franquismo. No actual escudo constitucional, o lema vén escrito ao redor das dúas Columnas de Hércules.

Notas editar

  1. Earl Rosenthal Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Earl Rosenthal

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar