Plataforma Aberta Cidadá de Lalín

(Redirección desde «Plataforma Aberta Cidadá»)

A Plataforma Aberta Cidadá de Lalín (PAC - Lalín) é unha agrupación política que traballa na circunscrición electoral de Lalín.[1]

Traxectoria e características editar

Conformouse coa idea de concorrer nas eleccións municipais de 2015[2], para o cal elaborou un programa de 31 puntos entre os que destaca a defensa da identidade cultural (cítase expresamente a promoción da lingua galega e a protección do patrimonio), a gratuidade das zonas azuis para aparcar vehículos, a rebaixa da peaxe na autoestrada AP-53 entre Santiago e Dozón, a auditoría da débeda do consistorio ou a creación dun Foro Municipal da Enerxía, baseado no principio de autosuficiencia enerxética.[3]

Esta agrupación electoral conta coa presenza de militantes de Anova e Podemos pero sen a incorporación das organizacións.[4] A cabeza de lista foi Lara Rodríguez, seguida de Sabrina Lamas, Manuel Igrexas, Domingo Riádigos, Antón Blanco e Patricia Lamas de la Torre.

Nas eleccións obtiveron unha concelleira, Lara Rodríguez, que forma parte do goberno municipal de Lalín.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar