Lara Rodríguez
Lara Rodríguez Peña, nada en Lalín o 12 de decembro de 1989, é unha profesora e política galega.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Lara Rodríguez Peña 12 de decembro de 1989 (34 anos) Lalín, España |
Concelleira | |
Datos persoais | |
Residencia | Lalín |
Educación | Universidade de Granada Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora, política |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Granada, é profesora de Lingua Castelá e Literatura no ensino público.
En 2015 foi elixida candidata número un da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia[1][2]. Foi elixida concelleira e nomeada terceira tenenta de alcalde, facéndose cargo das concellerías de Cultura e Educación.
Foi elixida, a través de primarias, para formar parte da candidatura de En Marea para as eleccións xerais de 2015, e finalmente foi a número catro pola provincia de Pontevedra[3]. Volveu ocupar o cuarto posto nas listas de En Marea nas eleccións xerais de 2016.
Nas municipias de 2019 volveu encabezar a candidatura da Plataforma Aberta Cidadá ao concello de Lalín,[4] pero non foi elixida.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 formou parte da lista de SUMAR Galicia no posto 16 da Circunscrición Electoral de Pontevedra.