Pilar Pereira

actriz galega
(Redirección desde «Pilar Pereira Carballo»)

Pilar Pereira Carballo, nada en Santiago de Compostela o 4 de xullo de 1937 e finada o 7 de febreiro de 2020,[1] foi unha actriz galega.

Infotaula de personaPilar Pereira
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro , dramaturga , actriz de televisión , director teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCamila Bossa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0673199 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou na Cadena SER de Santiago en 1953. Nos anos cincuenta participou en montaxes teatrais con textos contemporáneos de Tennessee Williams, Samuel Beckett e Eugene O'Neill. En 1958 participou na Antígona de Jean Anouilh, a primeira obra en galego do Teatro Español Universitario de Santiago. Despois participou en Os homes poden ser deuses, de Gallego Tato. Nos anos sesenta trasladouse a Madrid para traballar con diferentes compañías e finalmente entrou no grupo independente Los Goliardos, co que levou a escena Ceremonia por un negro asesinado, de Fernando Arrabal. O grupo viaxou a Francia e Pilar quedou en París onde se uniu ao grupo La Carraca que tiña o teatro Les Trois Baudeux.[2] Nos anos noventa retornou a Galicia e participou en montaxes do Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego, Sarabela Teatro, Compañía Marías e Factoría Teatro. Creou unha compañía teatral co seu nome coa que realizou espectáculos escritos por ela mesma como Un lunar vermello con pinguiñas azuis, dirixida por Quico Cadaval.

Filmes editar

Televisión editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2013).

Vida persoal editar

Era nai da actriz Camila Bossa.

Notas editar

  1. Falece a actriz Pilar Pereira
  2. "Quería saber quien era yo", La Voz de Galicia, Santiago, 14-4-1994, p. 43.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar