Abrir o menú principal
Medalla Castelao Icona vectorial.svg

Pilar Iglesias Osorio, nada en Monforte de Lemos en 1932 e finada o 15 de marzo de 2015 en Lugo, foi unha política e líder asociativa galega.

Pilar Iglesias Osorio
Pilar Iglesias Osorio
Datos persoais
Nacemento1932
 Monforte de Lemos
Falecemento15 de marzo de 2015
 Lugo
OrganizaciónPPdG
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xa de nena trasladouse a vivir a Lugo coa súa tía Pura Osorio, que estaba casada co mestre, escritor e historiador Narciso Peinado. Na súa nenez viviu entre Baamonde, onde o seu tío exercía o maxisterio, e Lugo. Pilar foi preparada polo seu tío nos seus estudos. Máis adiante, vivindo xa en Lugo, contraeu nupcias con Manuel Reboredo, fillo do fundador da Librería Reboredo, en Lugo. Con grandes dotes para as relacións públicas, Pilar destacou sempre polo seu labor social, pois foi fundadora da Asociación Lucus de Amas de Casa, e presidenta de Unicef en Lugo.

En 1989 preséntase aos comicios lexislativos, na lista do Partido Popular de Galicia. Non sae elixida deputada por Lugo, pero dous anos despois integrou a candidatura desa formación nas locais de 1991 e si saíu escolleita. Ademais, nese ano o Partido Popular conseguiu a vitoria na cidade de Lugo, e Iglesias pasou a ser concelleira de goberno baixo a alcaldía de Tomás Notario Vacas.

Catro anos despois, nas eleccións de 1995, repetiría concellería, neste caso baixo a dirección de Joaquín García Díez. Grazas ao seu vencello co Partido Popular dirixiu as Aulas da Terceira Idade de Lugo, foi vogal de servizos sociais na Federación Española de Municipios e Provincias e delegada para Lugo do think tank conservador Fundación Cánovas del Castillo. Tamén foi vicepresidenta da Comisión Nacional da Muller. Volveu concorrer ás eleccións de 1999 e volveu ser elixida concelleira, mais neste caso o Partido Popular pasou á oposición.

En 2003 deixou a política activa e dedicouse plenamente ao asociacionismo, onde fundou distintos colectivos tanto de ámbito local como estatal, como a Asociación para o Desesenvolvemento Sociocultural, Formación e Emprego (ASFEM), a Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (AFAMMER), a Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha (CONUMAR) e a Federación Galicia Ceuta Cantabria (GALICECAN).

GalardónsEditar