Phonk

subxénero de hip hop evolucionado a partir do Memphis rap

O Phonk (/fɒŋk/) é un subxénero da música hip hop e trap inspirado directamente no Memphis rap[1] dos anos 90. Principalmente presente na plataforma SoundCloud,[2] a música caracterízase polas voces das cintas antigas do rap de Memphis e mostras do hip hop de principios dos anos 90, moitas veces combinándoas con elementos de jazz, funk e de música electrónica. O xénero desprega técnicas estilísticas semellantes ao chopped and screwed para crear un son máis escuro.

Phonk
Orixe musicalMúsica Hip hop, Trap, Memphis rap, Chopped and screwed e Hip hop do sur
Orixe culturalComezos da década de 1990, Memphis e Houston, ademais do resto do sur dos Estados Unidos
Instrumentos típicosSintetizador, Rap, Caixa de ritmos, Sampler
Subxéneros
Drift Phonk

Desenvolvido inicialmente na década de 1990 no sur dos Estados Unidos, principalmente en Houston e Memphis, os principais pioneiros do xénero foron DJ Screw, X-Raided, DJ Spanish Fly, DJ Squeeky e o colectivo Three 6 Mafia.[3] A finais da década de 2010, a través de plataformas de streaming como SoundCloud, o xénero desenvolveu un maior énfase no jazz e no hiphop clásico.

Popularizado por TikTok e a comunidade de drift nas redes sociais, "drift phonk" é un subxénero de phonk que xurdiu en Rusia[3] a finais da década de 2010; as súas principais características son o uso de cowbells (campás) e o abuso dos baixos. Xeralmente úsase en vídeos lo-fi que mostran coches facendo drifting. Co aumento da popularidade do drift phonk, a palabra "phonk" comezou a asociarse máis co subxénero que co propio xénero orixinal.

Notas editar

  1. "What the phuk is phonk?". coeo-ntwrk.com. Consultado o 2023. 
  2. Anand, Aashna (2020). "The Evolution of Soundcloud's Popular New Genre: Phonk". Lucid Monday. Arquivado dende o orixinal o 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Russian Producers Obsessed With Three 6 Mafia Can’t Stop Going Viral". rollingstone.com. Consultado o 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar