Toniña do golfo de California

(Redirección desde «Phocoena sinus»)

A toniña do golfo de California[2] (Phocoena sinus), chamada en cochimí: va-güi-tua, é unha especie de focénido endémica da parte norte do Golfo de California. Xa que o Lipotes vexillifer crese extinto dende o ano 2006,[3] a toniña do golfo de California está considerado o cetáceo máis ameazado do mundo.[4] Está na lista de especies en perigo crítico dende 1996.[1] A súa poboación estimouse en 600 individuos no ano 1997,[1] pero caeu a só 100 no 2014, poñendoo en perigo inminente de extinción.[5][6] Esta cifra foi actualizada a aproximadamente 60 no 2015[7] e baixo até os 30 en novembro de 2016,[8][9] o que leva a concluír que a especie extinguirase axiña. A poboación minguou por mor da captura ilegal de totoaba, unha especie dos esciénidos endémica que tamén está ameazada.[8][10][11] Este decline ocorreu malia os investimentos de millóns de dólares do Goberno de México para acabar coa pesca ilegal.[9] Un programa de cría, sen precedentes en mamíferos mariños, foi desenvolvido e está sendo sometido a probas de viabilidade, sendo considerado tan necesario como rescatar a especie.[8][9][10][12][13] Porén, as instalacións precisas para poñer en funcionamento esta estratexia non estarán dispoñibles até outubro de 2017,[9][10] que se teme que sexa demasiado tarde. Ademais, a capacidade da especie de sobrevivir e reproducirse confinada nun santuario é incerta.[14]

Toniña do golfo de California

Comparación cunha persoa.
Comparación cunha persoa.

Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Phocoenidae
Xénero: Phocoena
Especie: P. sinus
Norris & McFarland, 1958
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rojas-Bracho, L., Reeves, R.R., Jaramillo-Legorreta, A. & Taylor, B.L. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Redacción (20 de marzo de 2019). GCiencia, ed. "A toniña do golfo de California está en extinción inminente. O drama da ‘vaquiña de mar’: só quedan 10 exemplares vivos". Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  3. Turvey, S. T.; Brandon, J. R.; Richlen, M.; Pusser, L. T.; Zhang, X.; Wei, Z.; Wang, K.; Stewart, B. S.; Reeves, R. R.; Zhao, X.; Barrett, L. A.; Akamatsu, T.; Barlow, J.; Taylor, B. L.; Pitman, R. L.; Wang, D. (22 de outubro de 2007). "First human-caused extinction of a cetacean species?". Biology Letters 3 (5): 537–540. PMC 2391192. PMID 17686754. doi:10.1098/rsbl.2007.0292. 
  4. Jaramillo-Legorreta, A.; Rojas-Bracho, L.; Brownell, R. L.; Read, A. J.; Reeves, R. R.; Ralls, K.; Taylor, B. L. (15 de novembro de 2007). "Saving the vaquita: immediate action, not more data". Conservation Biology: 1653–1655. doi:10.1111/j.1523-1739.2007.00825.x. 
  5. Johnson, Chris (3 de agosto de 2014). Vaquita: Last Chance for the Desert Porpoise, ed. "Report: Vaquita population declines to less than 100". earthOcean. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  6. Report of the Fifth Meeting of the Comité Internacional para la Recuperación de la Vaquita (PDF). Ensenada, Baja California: Comité Internacional para la Recuperación de la Vaquita (CIRVA). 3 August 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2014. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  7. Sanders, Natalie (14 de maio de 2016). "Stronger protection needed to prevent imminent extinction of Mexican porpoise vaquita, new survey finds". www.iucn-csg.org (IUCN Species Survival Commission). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Braulik, G. (2 de febreiro de 2017). IUCN, ed. "Jan 2017 update on the decline of the Vaquita". IUCN SSC – Cetacean Specialist Group. Arquivado dende o orixinal o 03/02/2017. Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Eighth Meeting of the Comité Internacional para la Recuperación de la Vaquita (CIRVA-8) Southwest Fisheries Science Center" (PDF). IUCN. International Committee for Recovery of the Vaquita. 1 de febreiro de 2017. Consultado o 3 de febreiro de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Morell, V. (1 de febreiro de 2017). "World’s most endangered marine mammal down to 30 individuals". Science. doi:10.1126/science.aal0692. 
  11. Joyce, C. (9 de febreiro de 2016). "Chinese Taste For Fish Bladder Threatens Rare Porpoise In Mexico". National Public Radio. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  12. Goldfarb, B. (29 de xullo de 2016). "Scientists mull a risky strategy to save world’s most endangered porpoise". Science. doi:10.1126/science.aag0706. 
  13. "URGENT NEED FOR FINANCIAL SUPPORT TO PREVENT VAQUITA EXTINCTION". National Marine Mammal Foundation. Consortium for Vaquita Conservation, Protection and Recovery. febreiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 
  14. Greenpeace (2 de febreiro de 2017). "Vaquita on Brink of Extinction, Only 30 Remain in the Wild". EcoWatc. Consultado o 4 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar