Os focénidos (Phocoenidae) son unha familia de cetáceos odontocetos da superfamilia dos delfinoideos, que inclúe as toniñas, touliñas ou marsopas,[1] semellantes aos golfiños ou delfíns, pero máis pequenas e de corpo máis repoludo.

Diferenzas entre delfíns e toniñas ou marsopas.
Phocoenoides dalli.

Son as especies máis pequenas da orde dos Cetacea, quitando a Cephalorhynchus commersonii, que pertence á familia dos delfínidos.

Etimoloxía editar

A familia dos Phocoenidae foi establecida, e bautizada, por John Edward Gray en 1825, que derivou o seu nome do xénero tipo, Phocoena (ás veces escrito Phocaena), coa desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes das familias de animais.

O xénero Phocaena foi establecido ern 1816 por Cuvier, e é unha adaptación do termo grego φώκαινα fókaina, que era o nome da toniña común neste idioma.[2]

Diferenzas entre toniñas e golfiños editar

  • Tamaño: as toniñas son máis pequenas (coa excepción citada antes), aínda que comparativamente máis robustas.
  • Reprodución: as toniñas alcanzan a madurez sexual antes, e crían relativamente máis vástagos que os golfiños, poñendo o acento na cantidade e non na calidade da crianza, segundo os parámetros da teoría biolóxica da selección r.
  • Dentes: as tomiñas teñen dentes aplanados en lugar de en forma cónica como os golfiños.
  • Aleta dorsal: as tiniñas teñen unha aleta dorsal pequena e de forma triangular, e maesmo algunhas non a presentan, como no xénero Neophocaena, mentres que os golfiños teñen estas aletas de formas arredondadas.
  • Fociño: arredondado nas toniñas, cos extremos da boca levantados no que parece un eterno soriso. Os delfíns adoitan ter en xeral un fociño aguzado en forma de bico.

Taxonomía editar

A familia dos focénidos está composta por 3 xéneros totalizando 6 especies.[3]

En 1984, Barnes agrupou os 3 xéneros de dúas subfamilias:[4][5]

Familia Phocoenidae Gray, 1825

Notas editar

  1. "toniña no dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  2. φώκαινα Arquivado 22 de agosto de 2013 en Archive.is en Axortagos.gr.
  3. Phocoenidae en SIIT.
  4. Phocoeninae en WoRMS.
  5. Phocoenoidinae en WoRMS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar