Phan Thị Kim Phúc
Phan Thị Kim Phúc, tamén coñecida como Kim Phúc, nado en Trảng Bàng o 2 de abril de 1963, é unha muller vietnamita, embaixadora de boa vontade da UNESCO.[1] Con nove anos acadou sona ao aparecer nunha foto da guerra de Vietnam[2] cando fuxía da súa aldea, que estaba baixo un bombardeo de napalm. A imaxe, tomada por Huynh Cong Ut da axencia Associated Press o 8 de xuño de 1972, recibiu o World Press Photo[3] en 1972 e o Premio Pulitzer for Photographic Reporting[4] en 1973.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1963 ![]() Trảng Bàng (Vietnam do Sur) ![]() |
Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO | |
novembro de 1997 – ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Toronto ![]() |
Relixión | Cristianismo e Cao dai (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade da Habana ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, embaixadora de Boa Vontade da UNESCO ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Kim Phúc reside actualmente no Canadá e ten dous fillos.
O seu relato á BBC
editarKim contou á BBC a súa experiencia:
En 1972, os estadounidenses lanzaron unha bomba de napalm sobre a miña aldea do sur de Vietnam. Un fotógrafo, Nick Ut, fíxome unha foto fuxindo do lume, a foto que é tan famosa hoxe en día. Lembro que tiña 9 anos, só era unha nena. Aquela noite, nós, na aldea, escoitamos que viñan os Viet Cong e que querían usar a aldea como base. Despois, de día, viñeron e puxéronse a loitar na aldea. Tiñamos moito medo. Lembro que a miña familia decidiu buscar refuxio nun templo porque críamos que era un lugar sagrado. Críamos que se nos agochábamos alí, estaríamos a salvo. Non cheguei a ver explotar a bomba de napalm; Só lembro que, de súpeto, vin lume que me rodeaba. De súpeto, prendeu lume toda a miña roupa, e sentín que as chamas me queimaban o corpo, especialmente o brazo. Nese momento, pasóuseme pola cabeza que me volvería fea polas queimaduras, que xa non sería unha nena coma as demais. Estaba aterrada, porque de súpeto xa non vin a ninguén preto de min, só lume e fume. Estaba chorando e, de milagre, non me queimaban os pés cando corría. Só sei que comecei a correr, correr e correr. Os meus pais non poderían escapar do lume, polo que decidiron regresar ao templo e continuar alí acubillados. A miña tía e dous curmáns meus morreron. Un deles tiña 3 anos e o outro só 9 meses, eran dous bebés. Entón atravesei o lume.Kim Phuc[5]
Notas
editar- ↑ Kathleen Burge (14/02/2013). "Girl in famous Vietnam photo talks about forgiveness". Consultado o 9 de setembro de 2016.(en inglés)
- ↑ Audrey Furlaneto (23/12/2012). "‘Nada foi como o Vietnã’, diz Nick Ut". Consultado o 9 de setembro de 2016.
- ↑ "World Press Photo of the Year, prize singles". Consultado o 9 de setembro de 2016.(en inglés)
- ↑ Carlos W. Leite (2015). "As 10 fotografias mais tristes da história". Consultado o 9 de setembro de 2016.
- ↑ "A foto que chocou o mundo" Especial: Vietnã, 25 Anos Depois (28 de abril, 2000). Consultado: 3 de decembro de 2008
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Foto da nena Kin correndo xusto despois do atentado. Arquivado 25 de setembro de 2006 en Wayback Machine.
- Páxina da UNESCO de Kin.