Perna perna
Perna perna | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
As dúas valvas de Perna perna | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Perna perna (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Perna perna é unha especie de molusco bivalvo mariño da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, superfamilia dos mitiloideos, familia dos mitílidos e subfamilia dos mitilinos,[1] unha das tres que integran o xénero Perna.[2]
A especie apáñase como fonte de alimento, pero sábese que alberga toxinas e causa danos nas estruturas mariñas.[3]
É orixinaria das augas de África, Europa e América do Sur, e introduciuse nas augas de Norteamérica.[3]
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1758 por Linnaeus na páxina 671 do volume 1 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Mya perna.[4]
Sinónimos
editarAdemais de seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Melina perna (Linnaeus, 1758)
- Mya perna Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Mytilus achatinus Lamarck, 1819
- Mytilus afer Gmelin, 1791
- Mytilus africanus Fischer von Waldheim, 1807
- Mytilus africanus var. mauretanica Pallary, 1900
- Mytilus africanus var. mauretanicus Pallary, 1900
- Mytilus elongatus Fischer von Waldheim, 1807
- Mytilus irisans Jousseaume, 1888
- Mytilus magellanicus Röding, 1798
- Mytilus perna (Linnaeus, 1758)
- Mytilus perna var. trigona Krauss, 1848
- Mytilus pictus Born, 1778
- Mytilus variegatus Röding, 1798
- Mytilus versicolor Gmelin, 1791
- Perna africana var. mauretanica Pallary, 1900
- Perna africana var. tingitana Pallary, 1900
- Perna indica Kuriakose & Nair, 1976
- Perna magellanica Philipsson, 1788
- Perna perna f. picta (Born, 1778)
- Perna picta (Born, 1778)
Características
editarPerna perna mide normalmente 90 mm de lonxitude, aínda que pode chegar a chegar a tamaños de até os 120 mm. Este mexillón recoñécese facilmente pola cor parda do exteror das valvas, pero a súa característica identificadora é a "cicatriz do músculo retractor posterior dividido".
Especies similares son Mytilus galloprovincialis e Choromytilus meridionalis. O primeiro ten forma e cor semellantes e comparte o seu hábitat nativo na costa suroeste de África.[5] M. galloprovincialis é máis resistente ás perturbacións humanas, como o seu uso para carnada cebos e o consumo humano,[6] e compite con P. perna porque é máis resistente a certos parasitos. C. meridionalis ten forma e tamaño similares, aínda que carece do distintivo da marca do músculo posterior das valvas.[5]
Perna perna tamén pode confundirse coa especie de cor parda verdosa Perna viridis, xa que a súa cor e a forma da cuncha poden cambiar en función das condicións ambientais.[7]
Distribución e hábitat
editarPerna perna é orixinaria das rexións tropicais e subtropicais do océano Atlántico. Atópase en augas fronte á costa oeste de África e na costa de América do Sur até o Caribe. Introduciuse accidentalmente como unha especie invasora na costa de Texas a través dos cascos de barcos, e dos lastres de auga en Venezuela. A súa distribución inclúe Chile, Perú e Suráfrica.[5]
A especie coloniza naturalmente as costas rochosas, pero tamén pode adherirse a obxectos mergullados creados polo home, como boias de navegación, plataformas petrolíferas e buques afundidos.[3] Os espécimes adultos poden tolerar intervalos de temperatura de 10 a 30 °C, e un rango de salinidade de 15 a 50 ppt (partes por billón, do inglés trillion, 10−12).[5] A súa colonización de substratos duros mellora a ecoloxía mariña da superficie. A colonización aumenta a superficie, fomentando que tamén se establezan outros organismos mariños como lapas, poliquetos, percebes, cornos e algas.[3]
Bioloxía
editarReprodución
editarEste mexillón reprodúcese mediante fecundación externa, entre maio e outubro, aínda que tamén se di que ocorre en decembro. Os dous sexos liberan os gametos á auga, e despois da fecundsción prodúcense larvas velixer. Quince horas despois da fecundación, as larvas teñen as glándulas do biso ben desenvolvidas. De dez a doce días despois da fecundación, as larvas sofren metamorfose e segregan fíos de biso, instalándonse entón en superficies rochosas.[5]
Nutrición
editarComo todos os bivalvos é un organismo filtrador, alimentándose de fitoplancton, zooplancton e materia orgánica en suspensión.[5]
Inimigos
editarÉ atacado polo parasito Proctoeces maculatus e por un trematodo non identificado que castra a ambos os sexos. Na costa africana é presa de Nucella cingulata, lagostas, polbos, gaivotas e da gabita surafricana Haematopus moquini. Na costa de Suramérica, é un alimento para Callinectes danae, Cymatium parthenopeun, Chicoreus brevifrons, Stramonita haemastoma e Menippe nodifroms.[5]
Importancia para os humanos
editarPerna perna recóllese como fonte de alimento en África e América do Sur. Este bivalvo considérase para o cultivo xa que pode crecer rapidamente até o tamaño comercial de 60 a 80 mm en só 6 ou 7 meses. Tamén se adapta ás rexións tropicais e subtropicais. Porén, este mexillón pode albergar a unha toxina procedente de dinoflaxelados consumidos. O seu consumo provocou gromos de intoxicación en Venezuela.[5]
É coñecido que este mexillón se agrupa en cantidades tan grandes que é capaz de afundir boias de navegación. Tamén, ao igual que Perna viridis, pode obstruír canos de auga e equipos mariños. É menos resistente á cloración que Perna viridis e polo tanto é máis fácil de controlar. Porén, recoméndase que a concentración de cloro empregada para a cloración estea por riba do nivel de tolerancia de Perna viridis, o máis potente dos mexillóns que producen incrustaciós biolóxicas.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Perna perna (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultada o 5 de xaneiro de 2020
- ↑ Perna Philipsson, 1788 no WoRMS. Consultada o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Perna perna (mollusc)". Global Invasive Species Database. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Linnaeus, C. et al., p. 671.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Perna perna (Linnaeus, 1758). Gulf States Marine Fisheries Commission. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Abada-Boudjema, Yamina-Madiha; Jean-Claude Dauvin (1995). "RECRUITMENT AND LIFE SPAN OF TWO NATURAL MUSSEL POPULATIONS PERNA PERNA(LINNAEUS) AND MYTILUS GALLOPROVINCIALIS (LAMARCK) FROM THE ALGERIAN COAST". Journal of Molluscan Studies 61 (4): 467–481. doi:10.1093/mollus/61.4.467. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ Holland, Brenden (December 1997). "Genetic aspects of a marine invasion". Quarterdeck 5 (3). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perna perna |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perna perna |
Bibliografía
editar- Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
- Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115.
- Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0.
- Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata, vol. 1. Laurentius Salvius: Holmiae.
- Siddall S. E. (1980): "A clarification of the genus Perna". Bulletin of Marine Science 30: 858-870.