Mitílidos (orde)
Mitílidos (orde) Mytilida | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
As dúas valvas dun mexillón Mytilus galloprovincialis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Superfamilias e Familias | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
A dos mitílidos (Mytilida) é unha orde de moluscos bivalvos da subclase dos pteriomorfios.[1] Comprende varias especies mariñas vulgarmente coñecidas como mexillóns.[2]
A orde está formada tan só por unha superfamilia hoxe existente, a dos mitiloideos (Mytiloidea), cunha soa familia con especies viventes, a dos mitílidos (Mytilidae).
Taxonomía
editarDescrición
editarA orde foi descrita en 1822 polo naturalista francés André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac.[1]
Sinónimo
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a orde coñeceuse tamén, durante moitos anos, co sinónimo:[3]
- Mytiloida
Clasificación
editarDesde 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Mytilida Férussac, 1822.[4] coa seguinte clasificación:
- Superfamilia †Modiolopsoidea
- Familia †Colpomyidae
- Familia †Modiolopsidae
- Familia †Saffordiidae
- Superfamilia Mytiloidea
- Familia †Mysideiellidae
- Familia Mytilidae
Características
editarOs mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por:
- Teren unha cuncha bivalva ( é dicir, constituída por dúas valvas) que permite a protección das partes brandas.
- O seu manto está moi desenvolvido (formado pola epiderme e a derme) e está constituído por dúas capas paleais que envolven todo o Corpo (anatomía)corpo.
- Unha cavidade paleal delimitada polo manto.
- Dous músculos adutores que permiten o peche das valvas (o músculo adutor posterior está máis desdenvolvido que o músculo adutor anterior).
- Branquias que se bañan na cavidade paleal, en forma de láminas (de aí o nome de lamelibranquios).
- Un biso (paquete de filamentos de proteínas) para unírense ao substrato, producido por unha glándula bisoxénica sitguada baixo o pé.
- A regresión dos órganos sensoriais na rexión anterior, polo que non hai unha cabeza claramente diferenciada: os mexillóns son acéfalos.
Importacia económica
editarTres especies de mexillóns explótanse comercialmente dada a súa importancia económica, xa que son unha imporatantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e moi aprezados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).
Estas tres especies son:
- Mytilus galloprovincialis Lamarck, 1819, nas costas españolas (mediterráneas e atlánticas), e nas portuguesas.
- Mytilus edulis Linnaeus, 1758, nas costas atlánticas de Francia (especcialmente nas bretoas, en todo o norte de Europa, así como no Canadá.
- Mytilus platensis d'Orbigny, 1842, nas costas de Suramérica.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mytlida Férussac, 1822 no WoRMS.
- ↑ mexillón no Dicionario da RAG.
- ↑ Mytiloida na ADW.
- ↑ Bieler, R., Carter, J. G. & Coan, E .V. 2010, pp. 113-133.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mitílidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mitílidos |
Bibliografía
editar- Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
- Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics '28 (1): 32-115.