Pequena Polonia

O Voivodato da Pequena Polonia (en polaco: Małopolska, pronunciese: "mauopolska") é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998.

województwo malopolskie
Voivodato da Pequena Polonia
Bandeira de Voivodato da Pequena Polonia
Escudo de Voivodato da Pequena Polonia
BandeiraEscudo
Malopolskie location map.PNG
EstadoFlag of Poland.svg Polonia
CapitalCracovia
 • Poboación757.500 (est. 2005)
Lingua oficialPolaco
Jerzy Adamik
Janusz Sepiol
Fundado en1998
 • Total15.108 km²
 • % augan/d
Costas0 km
 • Total (2003)3.253.000 hab.
 • Densidade215,3 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
Código ISOPL-MA
um.wrotamalopolski.pl/

FisiografíaEditar

A Małopolska (Pequena Polonia) sitúase no sueste do actual territorio polaco, abranguendo practicamente toda a alta conca do Vístula. A diferenza da maior parte do territorio polaco, a Pequena Polonia presenta importantes altitudes no seu sector meridional (onde fai fronteira con Eslovaquia a través do sector dos Cárpatos chamado montes Beskides); a máxima elevación atópase no Tatra (2499 m).

Fóra da rexión carpática, a maior parte da Pequena Polonia é unha penechaira bastante ondulada e, orixinalmente, recuberta de densos bosques de faias, bidueiros e abetos. Así e todo, gran parte destes bosques foron desmontados para dedicar o territorio á agricultura de cereais (centeo, cebada e trigo, así como ao cultivo da pataca).

Xeografía históricaEditar

No alto medioevo o territorio da actual Pequena Polonia estaba englobado no da Chrobatia.

Co fortalecemento do poder polaco, a rexión pasou a ser practicamente o núcleo de poder de Polonia ao ser a principal cidade do reino a cidade de Cracovia.

No século XVIII tras as Reparticións de Polonia entre Austria, Prusia e Rusia, a Pequena Polonia foi un dos territorios que ficaron baixo o control do Imperio Austríaco.

O sector oriental da actual Pequena Polonia pertenceu até aproximadamente 1920 á rexión de Galitzia, o sector occidental é a Pequena Polonia propiamente dita e alí atópase a antiga capital histórica de Polonia, a cidade de Cracovia (en polaco Kraków).

Principais cidadesEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar