A pentadactilia ou pentadactilidade é a calidade dun animal de ter cinco dedos, xa sexa en todas as extremidades, ou só nun par delas, anteriores ou posteriores.

Os humanos son pentadáctilos.

Dun animal que presente esta caracerística dise que é pentadáctilo.[1]

Como só os animais vertebrados terrestres teñen dedos, unicamente a este tipo de animais se lle pode aplicar o termo. Porén, hai moitas criaturas que poden presentar esta característica.

Etimoloxía editar

O termo, e os seus derivados, está formado polo elemento penta-, correspondente da do grego antigo πεντα- penta-, de πέντε pénte, "cinco", e a raíz δάκτυλ- dáctyl- do termo grego δάκτυλος dáktylos, "dedo", coas desinencias do galego -ia, idade ou -o, respectivamente.

Exemplos de pentadáctilos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar