Pentadactilia
(Redirección desde «Pentadáctila»)
A pentadactilia ou pentadactilidade é a calidade dun animal de ter cinco dedos, xa sexa en todas as extremidades, ou só nun par delas, anteriores ou posteriores.
Dun animal que presente esta caracerística dise que é pentadáctilo.[1]
Como só os animais vertebrados terrestres teñen dedos, unicamente a este tipo de animais se lle pode aplicar o termo. Porén, hai moitas criaturas que poden presentar esta característica.
Etimoloxía
editarO termo, e os seus derivados, está formado polo elemento penta-, correspondente da do grego antigo πεντα- penta-, de πέντε pénte, "cinco", e a raíz δάκτυλ- dáctyl- do termo grego δάκτυλος dáktylos, "dedo", coas desinencias do galego -ia, idade ou -o, respectivamente.
Exemplos de pentadáctilos
editar- O exemplo máis coñecido de pentadáctilo que se pode citar é o dos humanos e os outros primates, que teñen cinco dedos en cada man e en cada pé.
- Os pangolíns.
- Os dermópteros.
- A maioría dos cánidos, félidos, úrsidos e moitos outros mamíferos carnívoros.
- Os elefantes teñen cinco dedos nas dúas patas posteriors.
- Moitas especies de anfibios, principalmente as píntegas, son pentadáctilas.