Pedro Torrijos

arquitecto e escritor español

Pedro Torrijos León, coñecido como Pedro Torrijos, nado en Madrid en 1975, é un escritor, crítico cultural e arquitecto español, máis coñecido pola súa faceta divulgativa en distintas redes sociais. En 2021 publicou o libro Territorios Improbables.[1]

Infotaula de personaPedro Torrijos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , músico , crítico , arquitecto Editar o valor em Wikidata

Páxina webpedrotorrijos.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: Pedro_Torrijos Editar o valor em Wikidata

Cursou estudos de trompa no Conservatorio de Xetafe entre 1984 e 1998.[2] Licenciouse en Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) no 2000 e exerceu como profesor na devandita escola de 2001 a 2003 e, posteriormente, entre 2009 e 2011.[3][4] É taxador inmobiliario de profesión.[5]

Nunha primeira etapa desde 2012 foi colaborador en revistas como Norma Jean Magazine, iWrite e Revista Magnolia.[6][7] Escribiu artigos de opinión en El Economista, e Magnet.[8][9] Escribe para El País, Jot Down e Yorokobu.[10][11][12]

Desde 2013 utiliza Twitter para contar historias de arquitectura. Todos os xoves publica en forma de fíos relatos sobre cidades, edificios ou curiosidades urbanas co hashtag #LaBrasaTorrijos.[13] Os fíos escríbense en directo partindo dun pequeno guión.[14] Esta modalidade divulgativa foi finalista para o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2021.[15] Tamén foi finalista en 2020 ao Premio Zapping na categoría Mellor Iniciativa de Internet.[16]

Publicou os podcast Curiosidad Radical patrocinados pola Fundación Telefónica[17] e Cómo suena un edificio auspiciado auspiciado polo Museo ICO.[18] Participou en Equipo Investigación de La Sexta nun programa sobre os edificios inacabados de Santiago Calatrava.[19]

En 2023 iníciase como novelista con La tormenta de cristal, un thriller que tamén ten como fondo o mundo da arquitectura.[20]

Publicacións editar

  • Territorios Improbables. Historias sobre lugares que (casi) non sabías que existían (2021)[21] Kailas Editorial. 336 páxs. ISBN 9788418345319.
  • Atlas de lugares extraordinarios para descubrir el mundo (2022). Ed. Bascoa. 48 páxs. ISBN 9788448862657
  •  
    O autor presentando La tormenta de cristal con Josiño Araújo en Bueu coa Libraría Miranda, agosto de 2023
    La tormenta de cristal (2023). Kailas Editorial. 304 páxs. ISBN 9788466673624.

Notas editar

  1. Martínez, Daniel Díez (2021-06-18). "Pedro Torrijos, el profesor que acerca la arquitectura a la sociedad por Twitter hilo a hilo: “La Almudena es un pastiche infame”". El País (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  2. Oro, Alberto Alonso (2014-07-03). "Pedro Torrijos · Arquitecto, músico y escritor". veredes (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  3. Oro, Alberto Alonso (2014-07-03). "Pedro Torrijos · Arquitecto, músico y escritor". veredes (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  4. Arjona, Daniel (2021-06-13). "Torrijos, el arquitecto que nos da la brasa: "La ciudad del futuro no será Tokio sino Pontevedra"". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  5. "Pedro Torrijos". Magnolia (en inglés). Consultado o 2023-08-12. 
  6. "Pedro Torrijos · Arquitecto, músico y escritor". Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  7. PAÍS, Ediciones EL (2023-05-13). "Artículos escritos por Pedro Torrijos None". El País (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  8. elEconomista.es. "Listado de noticias de autor filtradas por Pedro Torrijos - elEconomista.es". Consultado o 2021-07-25. 
  9. Torrijos, Pedro (2018-03-16). "Cómo "Aniquilación", cuyo único hombre blanco aparece diez segundos, está siendo acusada de racismo". Consultado o 2021-07-25. 
  10. PAÍS, Ediciones EL (2023-05-13). "Artículos escritos por Pedro Torrijos None". El País (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  11. "Pedro Torrijos - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). 2023-02-05. Consultado o 2023-08-12. 
  12. Torrijos, Pedro. "Pedro Torrijos" (en castelán). Consultado o 2023-08-12. 
  13. Esther Miguel Trula (26 Junio 2021). "Pedro Torrijos está contando la arquitectura más rara del mundo. Y educando a media España con ella". Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  14. Daniel Arjona (13 de xuño de 2021). "Torrijos, el arquitecto que nos da la brasa: "La ciudad del futuro no será Tokio sino Pontevedra"". Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  15. Díez Martínez, Daniel (18 de xuño de 2021). "Pedro Torrijos, el profesor que acerca la arquitectura a la sociedad por Twitter hilo a hilo: “La Almudena es un pastiche infame”". El País. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  16. "Premios Zapping a la calidad audiovisual". Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  17. "E01 - El hombre que quiso cambiar el mundo". Consultado o 2021-07-25. 
  18. "El Museo ICO estrena ‘Cómo suena un edificio’, un podcast para experimentar la arquitectura como nunca se ha hecho antes". Consultado o 2021-07-25. 
  19. "Los 'proyectos fantasma' de Calatrava: ¿cuánto se pagó por ellos y por qué no se llevaron a cabo?". 2020-10-16. Consultado o 2021-07-25. 
  20. "La tormenta de cristal - Pedro Torrijos: Autor, sinopsis, editorial y toda la información | AHORA QUE LEO" (en castelán). 2023-06-26. Consultado o 2023-07-07. 
  21. "Los territorios improbables de Pedro Torrijos". 2021-07-22. Consultado o 2021-07-25.