Pedro Rodríguez Rodríguez

médico, historiador e escritor galego

Pedro Rodríguez Rodríguez, nado en Xallas (Negreira) en 1849 e finado en Meiro (Aro) o 31 de xullo de 1925, foi un médico, historiador e escritor galego.

Pedro Rodríguez Rodríguez
Nacemento1849
 Xallas
Falecemento31 de xullo de 1925
 Aro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e historiador
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Ramona Rodríguez e dun crego da comarca da Barcala que custeou os seus estudos no Seminario e despois a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus tempos de estudante formou parte da redacción de Galicia Histórica e foi amigo de Bernardo Barreiro, con quen colaborou na tradución da Historia Compostelana.

Colaborador asíduo de Galicia Diplomática, nela publicou "Los Churruchaos. Guerra de Don Berenguel de Landoira, arzobispo de Santiago" (versión dun códice latino, con notas do historiador Bernardo Barreiro), "Grandimirium", "La Villa de Noya", "Las torres del Oeste", "Cronicón Iriense" (códice en latín, traducido expresamente para a revista) e "Los moros en Galicia".

Publicou escritos sobre prehistoria da comarca da Barcala en La Federación de Negreira y Baña. Liberal e anticlerical, tivo algún incidente co bispo de Santiago polos seus traballos de investigación sobre a aparición do corpo do apóstolo.

RecoñecementosEditar

Unha rúa de Negreira leva o seu nome.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar