Pedro Guimarey
escritor, xornalista e político galego
Pedro Guimarey Filgueiras, nado en Ferrol en 1906 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.
Pedro Guimarey | |
---|---|
Nacemento | 1906 |
Ferrol | |
Falecemento | 20 de setembro de 1936 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Practicante de profesión, colaborou en El Practicante Galaico. Escritor e bibliotecario do Centro Obreiro de Cultura. En 1931 publicou algúns poemas en castelán na revista Vida Gallega, colaborou en El Gráfico, fíxose cargo do periódico Nueva infancia. Ensayo de periódico para niños e dirixiu o semanario Renovación. Foi presidente do Partido Republicano Democrático Federal de Ferrol (1933). En 1934 integrouse en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ferrol o 20 de setembro de 1936.
ObrasEditar
- Pepa Andrea, 1933.
- La Luminaria de Dios, 1934.
- Nidos de esclavos, 1935.
- Doña Tierra, estreada no Teatro Jofre en xuño de 1936[1].
NotasEditar
- ↑ El Pueblo Gallego, 23 de xuño de 1936, p. 9.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Suárez, Xosé Manuel (2003). República e Guerra Civil en Ferrol. Ferrol. p. 15. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externasEditar
- Pedro Guimarey na páxina web Nomes e Voces.
- Pedro Guimarey Filgueiras
- "Noticia de Pedro Guimarey, dramaturgo de éxito asasinado no 1936", artigo na revista dixital Biosbardia o 22 de abril de 2016.