El Gráfico foi un diario editado en Ferrol en 1932.

El Gráfico
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Editado pola CNT de Ferrol a resultas dunha folga dos tipógrafos de El Correo Gallego, apareceu o 1 de maio de 1932. Imprimíase nos obradoiros de La Artística. O seu director era Nicolás García Pereyra. Constaba de 4 páxinas. Entre os seus colaboradores figuraban Mario Rico, Antonio Figueira Vieytes, Pedro Guimarey e Matías Usero. Tivo unha existencia de apenas dous meses.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar