Pedro Álvarez Osorio

nobre galego
(Redirección desde «Pedro Álvarez de Osorio»)

Pedro Álvarez Osorio Enríquez[1], primeiro Conde de Lemos[2], nado en 1410 e finado en febreiro de 1483[2], foi un nobre galego, un dos máis importantes do reino de Galiza durante o século XV.

Infotaula de personaPedro Álvarez Osorio
Biografía
Nacemento1430 Editar o valor em Wikidata
Priaranza (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte1483 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Conde de Lemos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde de Lemos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaría Bazán
Beatriz Henríquez de Castro Editar o valor em Wikidata
FillosD. Constansa Rodrigues de Moraes (en) Traducir
 () María Bazán
Alonso de Castilla de Castro y Osorio de Lemos, heir of Ribera, Cabrera and Lemos (en) Traducir
 () Beatriz Henríquez de Castro Editar o valor em Wikidata
PaisRodrigo Alvarez Osorio, Señor de Cabrera y Ribera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Aldonza Enriquez Mendoza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Escudo dos Condes de Lemos, insculpido sobre a porta do palacio condal de Monforte de Lemos; os seis roeles corresponden ó escudo da Familia Castro, e os lobos pasantes á dos Osorio.

Traxectoria editar

Señor de Cabrera e Ribeira e fillo de Rodrigo Álvarez Osorio. Contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1433 coa súa tía Beatriz Henríquez de Castro[2], quen loitara para recuperar os títulos que o rei Xoán II de Castela confiscara ao seu irmán Fadrique.

O 26 de xuño de 1456 o rei Henrique IV de Castela estipulou por real carta, datada en Sevilla e dirixida á Casa de Lemos, que o título de conde de Lemos -anteriormente ligado ao de Trastámara e Sarria- pasase a ter carácter hereditario por real carta.

Un poema seu aparece recollido no Cancionero general de Hernando del Castillo (Valencia, 1511).

Matrimonios e descendencia editar

Casou dúas veces e tivo un fillo e catro fillas[1]:

  • Con Beatriz Henríquez de Castro tivo un único fillo, Alonso de Castro Osorio.
  • Con María de Bazán tivo catro fillas, Juana Osorio, Constanza Bazán Osorio, María Osorio e Galaor Osorio.

Tivo tamén un fillo con María Constanza de Valcárcel, unha rapaza solteira e de orixe humilde, Rodrigo Enríquez de Castro Osorio e que sería o segundo conde de Lemos[2].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Salas 2014, p. 113.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Salas 2014.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Véxase tamén editar