Paul Elvstrøm

Paul Bert Elvstrøm, nado en Hellerup o 25 de febreiro de 1928 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 2016 foi un regatista dinamarqués. Gañou catro medallas de ouro olímpicas e trece títulos mundiais[1] en clases que incluíron Snipe, Soling, Star, Flying Dutchman e Finn.

Paul Elvstrøm
Paul Elvstrøm 1960.jpg
Nacemento25 de febreiro de 1928
 Hellerup
Falecemento7 de decembro de 2016
 Hellerup
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónenxeñeiro, escritor de non ficción, regatista e empresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Elvstrøm competiu en oito Xogos Olímpicos entre 1948 e 1988, sendo unha das únicas seis persoas (as outras son o regatista Ben Ainslie, o nadador Michael Phelps, o loitador Kaori Icho e os atletas Carl Lewis e Al Oerter) en gañar catro medallas de ouro individuais consecutivas (1948–60), primeiro en Firefly e posteriormente en Finn.[2] Nos seus últimos dous xogos navegou en clase Tornado Catamaran, que nese tempo adoitaba ser dirixido por dous mozos, coa súa filla Trine Elvstrøm.[3]

É un dos catro deportistas que participou en xogos olímpicos ao longo de corenta anos, co esgrimista Ivan Joseph Martin Osiier e os regatistas Magnus Konow eDurward Knowles.[4]

Elvstrøm tamén destacou como desenvolvedor de velas e equipamento náutico. Unha das súas innovacións de máis éxito foi un novo tipo de autobaldeador. O deseño aínda continúa a producirse pola marca Andersen e foi amplamente copiado. Foi ademais un innovador das técnicas de navegación. Por exemplo, empregou a técnica da prancha mediante estribos nun grao maior do que se facía anteriormente e tamén popularizou a técnica do burro.

Fundou unha compañía de fabricación de produtos como mastros, botavaras e velas. Tamén foi importante no desenvolvemento de varias regras internacionais das regatas.

Entre os conceptos innovadores que levou ás regatas foi o concepto de portas en lugar dunha única marca a barlovento ou a sotavento nas probas longas. A porta de sotavento nunha carreira barlovento-sotavento aínda é de uso común. A porta de barlovento é menos empregada debido ás dificultades en organizar a prioridade arredor da porta dereita, sutilezas coñecidas por moitos regatistas.[5]

En 1996, Elvstrøm foi escollido "Deportista Dinamarqués do Século".[6]

En 2007, Elvstrøm estivo entre os primeiro seis incluídos no ISAF Sailing Hall of Fame.[7] Faleceu o 7 de decembro de 2016 aos 88 anos,[8] tras loitar varios anos contra o alzhéimer.

ResultadosEditar

Ano Competición Lugar Posición Clase Notas
1948 Xogos Olímpicos   Torbay 1.º Firefly
1952 Xogos Olímpicos   Helsinqui 1.º Finn
1956 Campionato do mundo de Finn   Burnham-on-Crouch 2.º Finn [9]
Xogos Olímpicos   Melbourne 1.º Finn
1957 Campionato do mundo de 505   La Baule-Escoublac 1.º 505 [10]
1958 Campionato do mundo de 505   La Baule-Escoublac 1.º 505 [10]
Campionato do mundo de Finn   Zeebrugge 1.º Finn [9]
1959 Campionato do mundo de Finn   Copenhague 1.º Finn [9]
Campionato do mundo de Snipe   Porto Alegre 1.º Snipe [10]
1960 Xogos Olímpicos   Nápoles 1.º Finn
1962 Campionato do mundo de Flying Dutchman   St. Petersburg 1.º Flying Dutchman [10]
1966 Campionato do mundo de 5.5 Metre   Copenhague 1.º 5.5 metres
Campionato do mundo de Star   Kiel 1.º Star [10]
1967 Campionato do mundo de Star   Copenhague 1.º Star [10]
1969 Campionato do mundo de Soling   Copenhague 1.º Soling [10]
Campionato do mundo de Star   San Diego 2.º Star [10]
1971 Campionato do mundo de Soling   Nova York 3.º Soling
1972 Half Ton Cup / Campionato do mundo   Mastrand 1.º Half Ton [11]
1974 Campionato do mundo de Soling   Sydney 1.º Soling [10]
1985 Campionato do mundo de Tornado   Travemünde 3.º Tornado [10]

NotasEditar

  1. Paul Elvstrom
  2. "International Olympic Committee – Athletes". Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  3. "Paul Elvstrøm". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 07 de xaneiro de 2020. 
  4. Glenday, Craig (29 de novembro de 2018). "Guinness World Records 2012". Bantam Books – vía Google Books. 
  5. "Scuttlebutt: Archived Newsletters". Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  6. Albrechtsen, Karin; Leksikon, Gyldendal. "Paul Elvstrøm". Denmark.dk. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 
  7. "ISAF Hall of Fame : Paul Elvström". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  8. Andersen, Jens. "Paul Elvstrøm er død". dr.dk (en dinamarqués). DR. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Finn World Championships". the-sports.org. Consultado o 20 de abril de 2012. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 10,8 10,9 "Paul Elvstrøm – Results". sailing.org. Consultado o 21 de abril de 2012. 
  11. https://sailboatdata.com/sailboat/bes-12-ton

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Elvstrom, Paul. Expert Dinghy and Keelboat Racing, 1967, Times Books, ISBN 0-8129-0054-5
  • Elvstrom, Paul. Elvström Speaks on Yacht Racing, 1970, One-Design & Offshore Yachtsman Magazine, ISBN 0-8129-0134-7
  • Elvstrom, Paul. Elvström Speaks -- to His Sailing Friends on His Life and Racing Career, 1970, Nautical Publishing Company, ISBN 0-245-59851-0
  • Paul Elvström Explains the Yacht Racing Rules, First edition 1969, title updated to Paul Elvstrom Explains the Racing Rules of Sailing: 2005–2008 Rules. Updated four-yearly in accordance with racing rules revisions, various authors and publishers. ISBN 0-07-145626-0