Paulí Pallàs i Latorre

anarquista catalán


Paulí Pallàs i Latorre, nado en Cambrils o 1 de decembro de 1862 e finado en Barcelona o 6 de outubro de 1893, foi un anarquista español da segunda metade do século XIX. Gañou notoriedade polo intento de asasinato de Arsenio Martínez-Campos Antón, daquela capitán xeneral de Cataluña, durante un desfile militar o 24 de setembro de 1893. Foi executado por un pelotón de fusilamento o 6 de outubro dese ano. Algunhas fontes atribúenlle tamén o atentado no Teatro de Alcántara de Río de Janeiro o 1 de maio de 1891.[1]

Infotaula de personaPaulí Pallàs i Latorre

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1862 Editar o valor em Wikidata
Cambrils, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1893 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFusilamento
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanarquista , obreiro , vendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Nado en 1862 en Cambrils (Tarragona), era fillo dun albanel de Maella (Zaragoza). Tivo unha infancia moi difícil e chegou a pasar fame en varias ocasións. Aprendeu só a ler e escribir e dende adolescente traballou de vendedor viaxando por España, Francia e Italia. Nas súas viaxes contactou e coñeceu o anarquismo e a súa literatura, e axiña se converteu nun gran lector.

Viaxe por América do Sur editar

Na Arxentina coñeceu a Errico Malatesta, con quen fixo unha viaxe á Patagonia. Residiu en Rosario onde obtivo fama de home moi culto e instruído. Participou en mitins e manifestacións anarcocomunistas pola Arxentina e celebrou o Primeiro de Maio de 1890 en Rosario. Deseguido viaxou ao Brasil, onde o indignaron as malas condicións que padecían os traballadores no país. Segundo algunhas fontes, Pallàs lanzaría unha bomba no Teatro Alcántara de Río de Janeiro o 1 de maio de 1891.

Retorno a España editar

Perseguido, Paulino volveu a Barcelona, onde volveu coincidir con Malatesta. Incapaz de atopar traballo, comprou unha máquina de coser e empezou a traballar para unha fábrica téxtil. Nesa época uniuse ao colectivo Benvenuto Salud xunto a Manuel Archs Solanelles e Pere Marbá. O grupo aprendeu o oficio de impresor e comezou a publicar textos anarquistas. Por esta época relacionouse cunha muller con quen tivo un fillo.

O atentado da Gran Vía editar

 
Ilustración dun xornal da época sobre o atentado de Paulí Pallàs

O 24 de setembro de 1893, en festexo do santo da princesa de Asturias, María das Mercés, o xeneral Martínez-Campos dispuxera un desfile militar na Gran Vía de Barcelona. Paulí Pallàs lanzou dúas bombas Orsini contra as patas do cabalo e o lateral do carro do capitán xeneral ao berro de «viva a anarquía». Causoulle feridas leves a el e aos xenerais Castellví e Clemente e matou o garda civil Jaime Tous.[2] Deixou ademais unha decena de feridos.[3]

Motivacións do atentado editar

En xaneiro de 1892, despois de dous anos de persecución estatal, iniciouse en Xerez unha rebelión campesiña. As organizacións campesiñas de inspiración anarquista foron severamente reprimidas. O estado mobilizou as forzas armadas que interviñeron de maneira violenta e desproporcionada, detendo e torturando centos de persoas. Dezaseis homes foron xulgados e condenados a penas que ían desde os 10 anos de prisión á cadea perpetua. O anarquista Fermín Salvochea foi xulgado por incitación á rebelión, malia estar encarcerado en Cádiz durante o incidente. Catro deles foron executados o 16 de febreiro.[4] En resposta, Pallàs decidiu actuar contra o autor principal das operacións,[Cómpre referencia] o xeneral Arsenio Martínez-Campos.

Prisión e execución editar

 
Ilustración dun xornal da época sobre a execución de Paulí Pallás

Logo de guindar as dúas bombas, Paulí Pallàs lanzou o seu chapeu ao alto e continuou gritando «viva a anarquía». Foi detido decontado, xulgado e condenado o 29 de setembro e fusilado o 6 de outubro no patio da prisión do castelo de Montjuïc (Barcelona).[5] Antes de morrer Pallás espetoulles aos seus executores que a vinganza pola súa morte sería aínda máis terríbel que as causas polas que o mataban.

Consecuencias editar

O «atentado da Gran Vía», como foi coñecido na época, tivo gran repercusión na conferencia anarquista de Chicago dese ano. Considerouse alí que a acción de Pallás estaba xustificada polos terríbeis actos cometidos até entón polo Estado español, non só en contra da cidadanía, senón tamén nas súas colonias. O movemento anarquista de todo o mundo apoiou a acción de Pallás e moitos xornais anarquistas da época, entre eles La Controversia, El Oprimido e La Revancha, expresaron o seu apoio á acción contra Martínez-Campos, considerando un delito contra a humanidade que fose nomeado capitán xeneral de Cataluña.[Cómpre referencia]

Un día despois da súa execución o diario El País publicou unha carta autobiográfica escrita por Pallás o 3 de outubro de 1893. Paradoxalmente, o xeneral Martínez-Campos protexeu a familia de Pallás; deulle emprego á parella deste para traballar como axudante na cociña da súa casa e coidou da saúde e a educación do seu fillo durante toda a súa vida. Na idade adulta, o fillo de Pallás acabou por converterse nun activista líder da Unión de Libre Comercio, tamén denominada como «sindicalismo libre». Malia o seu nome, a entidade oporíase ás organizacións anarquistas e progresistas das seguintes décadas.

Represalias editar

O 7 de novembro de 1893, en vinganza pola execución de Pallás, Santiago Salvador Franch guindou dous artefactos explosivos contra a platea da ópera do Liceo de Barcelona durante a presentación da ópera Guillermo Tell. Morreron 22 persoas e preto de 50 resultaron feridas. Salvador Franch foi condenado á morte e executado o 21 de novembro de 1894.

O 7 de xuño de 1896, tamén en Barcelona, unha bomba explotou no medio da procesión de Corpus Christi. Causou 12 mortos e 44 feridos.[3]

Ver tamén editar

Notas editar

  1. "Anarcoefemèrides" (en catalán). [Ligazón morta]
  2. "Efemérides". Guardia Civil (en castelán). 24 de setembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Romero Maura, J. (decembro de 1968). "Terrorism in Barcelona and Its Impact on Spanish Politics 1904-1909". Past & Present (en inglés) (41): 130–183. ISSN 0031-2746. 
  4. http://sunsite.berkeley.edu/Goldman/chronology/volume1/ Emma Goldman Chronology
  5. Avilés, Juan; Herrerín, Ángel (2007). La lógica del terrorismo: El caso de los atentados anarquistas en España, 1892-1897 (PDF) (en castelán). Instituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset.