Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade

artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Patrimonio Inmaterial da Humanidade»)

O Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade (PCIH) é unha declaración da UNESCO para protexer a cultura oral, intanxible ou non material; está destinada a protexer as prácticas, representacións, expresións, coñecementos e habilidades que as comunidades, os grupos e, nalgúns casos, os individuos, recoñecen como parte do seu patrimonio cultural. Este patrimonio inclúe valores históricos, culturais e tradicionais de gran importancia. A súa protección contribúe a preservar as fontes creativas e a identidade dos pobos. Para actualizar e completar a lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade, a UNESCO realiza reunións periódicas onde se aceptan novas propostas en función da súa importancia cultural e do risco de desaparición ao que están expostas. As expresións contidas nese patrimonio inclúen linguas, lendas, mitos, expresións relixiosas, tradicións diversas, danza, canto etc.

Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade
Logo
Tipoartigo de listas da Wikimedia
Na rede
https://ich.unesco.org/en/home, https://ich.unesco.org/fr/accueil e https://ich.unesco.org/es/inicio
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Logotipo do programa Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.
 
Concerto "treboada" en Gondomar, organizado por PNO!.

O ano 2023 celebrouse o vixésimo aniversario da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, adoptada o 17 de outubro de 2003 pola 32ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO. Foi organizado baixo o lema "Nós Somos #PatrimonioVivo" (We Are #LivingHeritage), e tiña como obxectivo a concienciación sobre a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial e na promoción da cooperación internacional.[1]

Patrimonio Cultural Inmaterial en Galiza

editar
 
Bóveda de pedra seca na comarca de Segrià, Cataluña.

Ao ano seguinte da primeira Conferencia Xeral da a UNESCO sobre salvagarda da cultura inmaterial, foi presentada a candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, promovida pola asociación Ponte... nas ondas! (PNO!).[2] Foi a primeira candidatura multinacional presentada por centros educativos de dous países, que se formalizou en 2004. Desde 2005, esta asociación segue solicitando a inclusión deste patrimonio na Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. A UNESCO puxo a PNO! en 2024 como "exemplo de candidatura internacional e de boas prácticas" para outras candidaturas.[3]

Ademais, a fins de novembro de 2018, a UNESCO recoñeceu como Patrimonio Cultural Inmaterial a construción de pedra en seco, unha técnica de construción tradicional de diversas culturas do mundo, incluíndo a galega, destacando a súa preservación de técnicas tradicionais sen o uso de argamasa, converténdose no primeiro elemento inmaterial galego en recibir esta distinción.[4][5]

Exemplos de patrimonio intanxible

editar
  1. "intangible-cultural-heritage". UNESCO.org (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2024. 
  2. "Promovendo o patrimonio galego-portugués no mundo!". Ponte... nas Ondas!. Consultado o 2024-07-25. 
  3. admin (2024-07-12). "Ponte… nas Ondas! presentada pola UNESCO como un exemplo de candidatura multinacional de boas prácticas". Consultado o 2024-07-25. 
  4. "UNESCO - Art of dry stone walling, knowledge and techniques". ich.unesco.org (en inglés). Consultado o 2024-07-25. 
  5. "Patrimonio: GALICIA NA UNESCO; Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2024-07-25. 
  6. SARA_CENTROSTUDI (2021-10-29). "The Mediterranean Diet: The Pathway to UNESCO Recognition". UNESCO Med Diet (en inglés). Consultado o 2024-07-25. 
  7. Redacción (2023-11-28). "Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica". GCiencia. Consultado o 2024-07-25. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar