Papantla de Olarte, tamén coñecida como a cidade que perfuma o mundo e a cidade dos tres corazóns, é un concello pertencente ao Estado de Veracruz, México, situado a uns 240 km ao norte da capital do estado e a só 12 km por estrada do zona urbana de Poza Rica.

Modelo:Xeografía políticaPapantla
Imaxe

Localización
Mapa
 20°26′48″N 97°19′30″O / 20.4467, -97.325Coordenadas: 20°26′48″N 97°19′30″O / 20.4467, -97.325
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de Veracruz
ConcelloPapantla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Papantla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación53546 (134,33 hab./km²)
XentilicioPapanteco(a)
Xeografía
Superficie1.199,26 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude180 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal93400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Laredo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webkinkachikin.com Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

Foi fundada pola antiga civilización Totonaca no século XIII e domina desde entón a rexión do estado de Totonacapan. Papantla aínda ten comunidades indíxenas de Totonacas moi fortes, que manteñen a cultura e a lingua. Cóntase que os totonacos chegaron do norte, do lugar coñecido como Chicomoztoc, que significa sete covas, onde vivían cos mexicas ou aztecas, acolhuas, chalcas, tepanecas, tlajuicas, xochimilcas e tlaxcaltecas. Posteriormente, saíron a buscar novas terras para asentarse e chegaron así á lagoa de Tamiahua e á comarca de Paxil, esta última situada no Estado de Morelos. Preto de Misantla, atoparon o millo que levaron consigo, pasando por localidades como Tula, Teotihuacán e Iucatán até chegaren a Mixquilhuacan, onde fundaron a capital do seu imperio.

Etimoloxía

editar

O nome Papantla deriva do náhuatl e é interpretado frecuentemente como "lugar de papanes" (un corvido), que era a mascota do xeneral Yamir, polo que en homenaxe a el, decidiu bautizar con este nome as súas terras conquistadas. Este significado queda reflectido no escudo do concello.

Para os veciños máis antigos da cidade e das súas comunidades, o nome provén dos termos da lingua totonaca pap (lua), pan (lugar) e tlan (bo), sendo a tradución algo como "Bo lugar da lúa". Papantla tamén é coñecida polos veciños como Kachikin, unha palabra en lingua totonaca que significa Cidade ou Aldea.

A vainilla é orixinaria desta rexión e, en parte por iso, a vila tamén é coñecida como "Ciudad de los perfumes".[1]

 
Monumento ao Voador.

Cultura

editar

A cidade contén unha serie de murais e esculturas a grande escala, realizadas polo artista nativo Teodoro Cano, que honran a cultura Totonaca.[2]

O municipio é famoso polos voadores de Papantla. A práctica dos "voladores" un ritual que simboliza a fertilidade e a renovación, foi recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

O xacemento arqueolóxico de El Tajín foi declarado Patrimonio da Humanidade.[3]

  1. "Papantla, un lugar con aroma a vainilla y experiencias inolvidables". SinEmbargo MX (en castelán). 2021-10-24. Consultado o 2024-07-25. 
  2. Martínez, ✞ Julio César (2019-10-15). "Teodoro Cano, sus orígenes y sus anhelos". Revista Praxis (en castelán). Consultado o 2024-07-25. 
  3. Wilkerson, S. Jeffrey K. Verfasser (1987). El Tajín : a guide for visitors. Veracruz Universidad Veracruzana. ISBN 978-968-499-293-1. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar