Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade
O Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade (PCIH) é unha declaración da UNESCO para protexer a cultura oral, intanxible ou non material; está destinada a protexer as prácticas, representacións, expresións, coñecementos e habilidades que as comunidades, os grupos e, nalgúns casos, os individuos, recoñecen como parte do seu patrimonio cultural. Este patrimonio inclúe valores históricos, culturais e tradicionais de grande importancia. A súa protección contribúe a preservar as fontes creativas e a identidade dos pobos. Para actualizar e completar a lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade, a UNESCO realiza reunións periódicas onde se aceptan novas propostas en función da súa importancia cultural e do risco de desaparición ao que están expostas. As expresións contidas nese patrimonio inclúen linguas, lendas, mitos, expresións relixiosas, tradicións diversas, danza, canto etc.
Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | heritage register of intangible cultural heritage (en) ![]() ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | ich.unesco.org… ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarNo ano 2023 celebrouse o vixésimo aniversario da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, adoptada o 17 de outubro de 2003 pola 32ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO. Foi organizado baixo o lema "Nós Somos #PatrimonioVivo" (We Are #LivingHeritage), e tiña como obxectivo a concienciación sobre a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial e na promoción da cooperación internacional.[1]
Patrimonio Cultural Inmaterial en Galiza
editarAo ano seguinte da primeira Conferencia Xeral da a UNESCO sobre salvagarda da cultura inmaterial, foi presentada a candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas, promovida pola asociación Ponte... nas ondas! (PNO!).[2] Foi a primeira candidatura multinacional presentada por centros educativos de dous países, que se formalizou en 2004. Desde 2005, esta asociación segue solicitando a inclusión deste patrimonio na Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade. A UNESCO puxo a PNO! en 2024 como "exemplo de candidatura internacional e de boas prácticas" para outras candidaturas.[3]
Ademais, a fins de novembro de 2018, a UNESCO recoñeceu como Patrimonio Cultural Inmaterial a construción de pedra en seco ou pedra seca, unha técnica de construción tradicional de diversas culturas do mundo, incluíndo a galega, destacando a súa preservación de técnicas tradicionais sen o uso de argamasa, converténdose no primeiro elemento inmaterial galego en recibir esta distinción.[4][5]
Exemplos de patrimonio intanxible
editar-
Cantantes Baul no Vasantotsav, Shantiniketan foi recoñecido en 2005.
-
A tradición dos voadores de Papantla, México, foi inscrito en 2009.
-
A música reggae foi recoñecida PCIH en 2018.
-
A ópera de Beijing foi inscrita en 2010.
-
A dieta mediterránea foi recoñecida en 2010.[6] Portugal ampliou a representación desa tradición; ademais, promove activamente a dieta atlántica.[7]
Notas
editar- ↑ "intangible-cultural-heritage". UNESCO.org (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2024.
- ↑ "Promovendo o patrimonio galego-portugués no mundo!". Ponte... nas Ondas!. Consultado o 2024-07-25.
- ↑ admin (2024-07-12). "Ponte… nas Ondas! presentada pola UNESCO como un exemplo de candidatura multinacional de boas prácticas". Consultado o 2024-07-25.
- ↑ "UNESCO - Art of dry stone walling, knowledge and techniques". ich.unesco.org (en inglés). Consultado o 2024-07-25.
- ↑ "Patrimonio: GALICIA NA UNESCO; Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2024-07-25.
- ↑ SARA_CENTROSTUDI (2021-10-29). "The Mediterranean Diet: The Pathway to UNESCO Recognition". UNESCO Med Diet (en inglés). Consultado o 2024-07-25.
- ↑ Redacción (2023-11-28). "Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica". GCiencia. Consultado o 2024-07-25.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- (en inglés): Definición segundo a UNESCO.
- (en inglés): Web oficial.
- (en inglés): Dedalo.GLP software GLP.