Patricio Garino
Patricio "Pato" Garino Gullotta, nado o 17 de maio de 1993 en Mar del Plata, é un xogador arxentino de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB.
![]() | |
Bàsquet Girona – No. 29 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1993 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | Arxentina / Italia |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 92 kg (203 lb |
Posición | Ala / Escolta |
Liga | Liga ACB |
Información da carreira | |
Instituto | Montverde Academy (Florida) |
Universidade | George Washington (2012–2016) |
NBA Draft | 2016 / Elección: Sen draftear |
Carreira | 2016−presente |
Historial de equipos | |
Austin Spurs (2016–2017) Orlando Magic (2017) Baskonia (2017–2020) Žalgiris Kaunas (2020–2021) Nanterre 92 (2021–2022) Bàsquet Girona (2022–presente) |
Traxectoria Editar
Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2016, Garino uniuse ós Orlando Magic para a Liga de Verán da NBA de 2016.[1] O 29 de xullo de 2016, Garino asinou cos San Antonio Spurs, pero foi cortado o 22 de outubro tras participar en catro encontros de pretempada. Sete días máis tarde, Garino asinou cos Austin Spurs, afiliado de San Antonio na NBA D-League.[2] O 3 de abril de 2017, Garino asinou cos Orlando Magic. Fixo o seu debut na NBA o día seguinte, na derrota dos Magic por 122–102 contra os Cleveland Cavaliers.[3] O 1 de agosto de 2017, foi cortado polos Magic.[4] O 1 de setembro de 2017, Garino asinou un contrato por tres tempadas co Saski Baskonia da Liga ACB.[5]
O 22 de xullo de 2020, Garino asinou co BC Žalgiris Kaunas lituano.[6] O 7 de xullo de 2021, Garino e o Žalgiris separaron os seus camiños.[7] O 18 de agosto de 2021, Garino asinou co Nanterre 92 da LNB Pro A.[8] O 27 de xaneiro de 2022, Garino deixou o conxunto francés.[9] O 16 de xullo de 2022, Garino asinou por unha tempada co Bàsquet Girona da Liga ACB.[10]
Notas Editar
- ↑ "Magic's Patricio Garino: Will play summer league with Magic". CBSSports.com. 24 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016.
- ↑ "Austin Spurs announce 2016 returning players and training camp invitees". NBA.com. 29 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ "Magic vs. Cavaliers – Box Score". ESPN.com. 4 de abril de 2017. Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ "Magic Waive Patricio Garino". NBA.com. 1 de agosto de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ "Patricio Garino, intensidad y polivalencia para el perímetro azulgrana". Saski Baskonia (en castelán). 1 de setembro de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ "Zalgiris land Patricio Garino". Eurobasket. 22 de xullo de 2020. Consultado o 22 de xullo de 2020.
- ↑ "Patricio Garino leaves Zalgiris". Eurobasket. 7 de xullo de 2021. Consultado o 7 de xullo de 2021.
- ↑ Yahyabeyoglu, Fersu (18 de agosto de 2021). "Nanterre lands Patricio Garino". Eurobasket. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ Yahyabeyoglu, Fersu (27 de xaneiro de 2022). "Garino leaves Nanterre". Eurobasket. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Patricio 'Pato' Garino, segundo fichaje del Bàsquet Girona". ACB.com. 16 de xullo de 2022. Consultado o 16 de xullo de de 2022.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 28 de maio de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)