Pataca (moeda)

denominación de diversas moedas

Pataca é o nome de diversas moedas, das que só unha delas ten actualmente valor legal.

Pataca ou cadela editar

Artigo principal: Cadela (moeda).
 
Pataca (5 céntimos de peseta) de 1870

Moeda española con valor facial de 5 céntimos de peseta, cuñada inicialmente en cobre en 1870 polo Goberno Provisional e posteriormenmte a nome de Afonso XII entre 1877 e 1879, e que mantivo a súa denominación durante o mandato de Francisco Franco para designar as moedas dese mesmo valor labradas en aluminio durante a década de 1940.[1]

Pataca "mexicana" editar

A pataca era unha moeda de prata, co valor de 320 reais que foi emitida polo goberno portugués ata o século XIX.

O nome "pataca" derivase da moeda de prata de oito reais mexicanos.

Antigamente era popular en Asia, coñecidos en portugués como "pataca mexicana".

Pataca de Timor Portugués editar

 
Pataca timorense de 1945
Artigo principal: Pataca timorense.

Pataca timorense foi a moeda da colonia de Timor Portugués entre 1894 e 1959, agás polo período comprendido entre 1942 e 1945, cando foi ocupada polos xaponeses durante a segunda guerra mundial, e fora introducido o gulden das Indias Holandesas e a rupia das Indias Holandesas. Era equivalente á pataca de Macau e subdividida en 100 avos.

Pataca de Macau editar

Artigo principal: Pataca macaense.
 
Pataca macaense de 2007

Actualmente, a pataca[2] (abreviatura: MOP) é a moeda oficial usada na Rexión Administrativa Especial de Macau da República Popular da China. Unha pataca é subdividida en 100 avos.

O Goberno de Macau, querendo crear a súa propia moeda oficial, autorizou, en 1901, o Banco Nacional Ultramarino (BNU) a emitir billetes coa denominación de patacas. Os primeiros billetes impresos comezaron a entrar en circulación en 1906 e 1907. A súa cotización está indexada á cotización do dólar de Hong Kong [3].

Así, a pataca tornouse dende entón a moeda oficial de Macau, substituíndo o real ao troco de 1 pataca = 450 reais.

A partir de 1995, o Banco da China é tamén responsabel da emisión de billetes.[4].

A pataca atópase oficialmente indexada ao dólar de Hong Kong, cuxa circulación en Macau é libre. A taxa de troco é de MOP$103,20 para HK$100, cunha lixeira variación ata o 10%. Cerca de 12 a 13 Patacas equivalen a 1 euro e cerca de 7,8 a 8 Patacas a 1 dólar americano.[5].

Pataca do Brasil editar

 
Pataca brasileira de prata, 320 reis de 1812. Casa da Moeda de Río de Xaneiro.

No Brasil, pataca foi a denominación que recibiu a moeda de prata de orixe portuguesa con valor de 320 reis, que se mantivo en circulación entre 1695 e 1834. O seu peso medio, ao longo do tempo, foi de 8,96 gramas, e a súa pureza de 917 milésimas. A moeda de 960 reis (tres patacas), cuñada de 1810 a 1834, coñeceuse co nome de patacão. A serie de moedas á que pertence a pataca cuñouse no Brasil ata 1821, nas casas de moeda de Pernambuco, Baía, Río de Xaneiro e Minas Xerais.[6][7]

Notas editar

  1. Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. "pataca". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  3. Moedas de Macao de Ma Tak-wo. Publicado, en 1987, polo Museo Luís de Camões e editado polo Leal Senado de Macao
  4. "Páxina oficial do Banco da China (Sucursal de Macau)". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  5. "Moeda usada en Macao na Dirección dos Servizos de Turismo de Macau". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2008. 
  6. Amato, C.; Neves, I. S.; Russo, A. (2004). Livro das moedas do Brasil. 1643 a 2004. 11ª ed. Editora e Gráfica Stampato. Páxina 106.
  7. "Pataca". En Moedas populares no Brasil.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar