Cadela (moeda)

A cadela, pataca, mota pequena ou perrachica era o nome coloquial co que se denominaba a moeda española de 5 céntimos de peseta, que se comezou a emitir en cobre en 1878 e acabou por ser de aluminio en tempos de Francisco Franco.[1]

5 céntimos ou "cadela". O "can" (10 céntimos) tiña o anverso e o reverso iguais, e cambia só o valor facial e o seu tamaño.

O nome déuselle en alusión ao león que aparecía no reverso, que a xente deu en confundir cun can, seguramente cun afán sarcástico.

Así mesmo, chamábaselle can á moeda de iguais motivos no anverso e no reverso co dobre de peso, tamaño e valor (10 céntimos).[2]

NotasEditar

  1. Entrada “can” no DRAG e no Portal das Palabras.
  2. Pita Fernández, Ricardo Luís. “Denominacións de moedas: can/cadela”. En Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela, 1999 [ISBN 84-605-9958-2]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar