Pasta

alimento preparado a partir dunha masa de fariña de trigo e auga cocida en auga
(Redirección desde «Pasta alimenticia»)

Denomínanse pasta os alimentos preparados a partir dunha masa (a palabra pasta vén do italiano "pasta", que significa masa) cuxo ingrediente básico é a fariña de trigo mesturada con auga formando un produto que xeralmente é cocido en auga. Comunmente adóitase empregar a especie Triticum durum (trigo duro) na súa elaboración.

Pasta

Diferentes tipos de pasta.
Orixe China
Italia Italia
Ingredientes
Orixe vexetal Fariña de trigo
Variantes Espaguetes
Tallarín
Fettuccine
Pappardelle
Macarrón
Rigatoni
Penne
Ñoqui
Farfalle
Ravioli
Tortellini
Pasta, cocida e sen sal
Valor nutricional por 100 g
Enerxía660 kJ (160 kcal)
30.9 g
Amidón26.0 g
Azucres0.6 g
Fibra alimentaria1.8 g
0.9 g
5.8 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.02 mg
Niacina (B3)
3%
0.4 mg
Ácido pantoteico (B5)
2%
0.11 mg
Vitamina B6
4%
0.05 mg
Ácido fólico (B9)
2%
7 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
0%
0.06 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
7 mg
Ferro
4%
0.5 mg
Magnesio
5%
18 mg
Manganeso
15%
0.32 mg
Fósforo
8%
58 mg
Potasio
1%
44 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
5%
0.5 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga62 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Pasta Tagliatelle

Tamén se lle poden engadir outros ingredientes de maneira opcional:

  • Ovo: outorgalle consistencia e fai da pasta un alimento máis nutritivo.
  • Verduras ou hortalizas: achegan vitaminas e minerais, ademais de cor.
  • Suplementos de proteínas: soia, leite, etc. Son as denominadas pastas fortificadas.
  • Suplementos de vitaminas e minerais: Son as pastas chamadas enriquecidas.

Características

editar

Pódense atopar diferentes tipos de pasta, fresca ou non, e de diversos tamaños, formas e variedades. Probablemente a máis coñecida é o espaguete. Os macarróns son outro dos tipos de pasta máis coñecidos, estes son de diversos tamaños, aínda que os máis coñecidos son aqueles de forma cilíndrica e ocos.

A pasta tamén fai referencia a calquera tipo de prato no cal o ingrediente principal sexa a propia pasta, servida con salsa de tomate ou calquera outro tipo de salsa.

As pastas secas ao estilo italiano fanse a partir da sémola do trigo duro, o que lle dá unha cor amarela clara e unha textura levemente cauchutosa. A pasta adóitase cociñar al dente (en italiano: “pequeno bocado”).

Algunhas pastas americanas están feitas dunha mestura de fariña e sémola. Estas pastas adoitan ter un sabor e textura diferentes. Outras pastas como a Pizzoccheri, están feitas de trigo sarraceno. Os Gnocchi adoitan incluírse dentro dos pratos de pasta, aínda que están feitos de distintos ingredientes (principalmente de patacas moídas) e teñen un xeito distinto de preparación.

Xeitos de servir a pasta

editar

A forma máis sinxela de servir a pasta é cocida en auga e servida con diferentes mollos e salsas, cun mollo sinxelo, de tomate se se trata dun entrante, ou cun mollo que conteña carne, peixe, vexetais ou mariscos se se trata dun prato principal. O costume dos italianos de botarlle ao mollo queixo relado, converteuse nun hábito universal, sendo moi popular hoxe en día.

Outra forma sinxela de servir a pasta, principalmente as de pequeno tamaño, é nas sopas. Ou guisada, se esta se fai dentro do mollo.

Os macarroni and cheese, son un dos pratos de pasta máis apreciados nos Estados Unidos. Fanse ao forno con queixo fundido ao forno enriba da pasta.

Existen outros pratos de pasta feitos ao forno, como a lasaña (lasagna) e os canelóns (cannelloni).

Conmemoración

editar

O día 25 de outubro celébrase o Día Mundial da Pasta [1], conmemorando que en tal día de 1995 se celebrou en Roma o primeiro Congreso Mundial sobre a Pasta.

  1. "Día Mundial de la Pasta" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2023. Consultado o 2023-11-13.