Abrir o menú principal

Sete Partidas

(Redirixido desde "Partidas de Afonso X")
Portada das Sete Partidas. Exemplar de 1555, glosado por Gregorio López

As Sete Partidas (ou simplemente Partidas) son un corpo normativo redactado en lingua castelá, durante o reinado de Afonso X (1252-1284), co obxecto de conseguir unha certa uniformidade xurídica do Reino. O seu nome orixinal era Libro das Leis e, cara ao século XIV recibiu a súa actual denominación, polas seccións en que está dividida.

Segundo a teoría tradicional, compartida por Francisco Martínez Mariña e Antonio Solalinde, as Sete Partidas foron redactadas por unha comisión de xuristas (ou pola chancelaría real), e a intervención do rei Afonso X limitouse a indicar a finalidade do texto e as materias a tratar, ademais de encargarse de revisar e emendar persoalmente o traballo da comisión. Integrarían esta comisión: o Mestre Jacobo, o das leis; Juan Afonso, un notario leonés; o Mestre Roldán; e Fernando Martínez de Zamora (un dos primeiros xuristas casteláns).

FontesEditar

As Sete Partidas caracterízanse por ser un texto de dereito común (baseado no dereito romano xustiniano, canónico e feudal).

Diversas foron as súas fontes, entre as principais, atópase o Corpus Iuris Civilis; as obras de glosadores e de comentaristas (romanistas), como Acursio e Azzo; textos de dereito canónico como as Decretais de Gregorio IX e a obra de san Raimundo de Peñafort; e algúns foros e costumes casteláns.

Ás anteriores engadíronse obras filosóficas de Aristóteles, Séneca e Boecio; a Biblia e textos da Patrística; obras de Isidoro de Sevilla e Tomé de Aquino; o Libri Feudorum (compilación de dereito feudal lombardo); os Roles D´Olerons (colección de dereito mercantil); a Doctrinal dos xuízos e as Flores do Dereito do Mestre Jacobo, o das Leis; e a Margarita dos pleytos de Fernando Martínez de Zamora.

Estrutura e contidoEditar

 
Código das Sete Partidas, en "Os Códigos Españois Concordados e Anotados" (1872)

As Partidas abarcan todo o saber xurídico da época dentro dunha visión unitaria, por iso se considera unha summa de dereito. Trata, entre outras materias, de dereito constitucional, civil, mercantil, penal e procesual, tanto civil como penal.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar