París-Roubaix 2018

A 116ª edición da París-Roubaix tivo lugar o 8 de abril de 2018 con saída na cidade de Compiègne, nos arredores de París, e chegada na de Roubaix, sobre un percorrido 257 quilómetros. A carreira finalizou como é tradicional no Velódromo de Roubaix. Nesta edición o percorrido contou con 29 tramos de lastra que sumaron un total de 54,5 km.

2017 << París-Roubaix 2018 >> 2019
Cabeza de carreira a 35 km de meta: Peter Sagan, Silvan Dillier e Jelle Wallays.
257 km (54,5 de lastras)
Gañador Eslovaquia Peter Sagan
Segundo Suíza Silvan Dillier
Terceiro Países Baixos Niki Terpstra

Este foi o terceiro monumento da tempada e a décimo quinta proba do UCI WorldTour 2018.

Na carreira participaron 175 ciclistas, debido ao recorte de corredores por equipo realizado pola Unión Ciclista Internacional. Un total de 7 por equipo (25 conxuntos).

O campión do mundo de ciclismo en ruta, Peter Sagan foi o vencedor dunha carreira marcada por dous sucesos: o seu fantástico ataque e a morte dun corredor de 23 anos durante o transcurso da carreira[1]. O eslovaco foi o primeiro corredor portador do maillot arco da vella en lograr a vitoria na proba dende que o fixera por última vez o francés Bernard Hinault en 1981[2].

Percorrido editar

O trazado percorreu unha distancia de 257 km, e nel repartíronse 29 tramos de lastras que sumaron 55 quilómetros sobre esta complicada superficie. Foron o mesmo número ca na edición anterior, cos 23 últimos comúns. A saída deuse en Compiègne (arredores de París, ao igual que nas últimas tres edicións) e a chegada foi -como é clásico- no Velódromo André-Pétrieux.

Partes do trazado editar

Sectores de lastra[3] editar

Sector Localización Lonxitude Dificultade
29 Troisvilles > Inchy 2200 m    
28 Viesly > Briastre 3000 m    
27 Saint-Python 1500 m   
26 Saint-Python > Quiévy 3700 m     
25 Saint-Hilaire-lez-Cambrai > Saint-Vaast-en-Cambrésis 1500 m    
24 Saulzoir > Verchain-Maugré 1200 m   
23 Verchain-Maugré > Quérénaing 1600 m    
22 Quérénaing > Maing 2500 m    
21 Maing > Monchaux-sur-Écaillon 1600 m    
20 Haveluy > Wallers 2500 m     
19 Trouée d'Arenberg 2400 m      
18 Wallers > Hélesmes 1600 m    
17 Hornaing > Wandignies-Hamage 3700 m     
16 Warlaing > Brillon 2400 m    
15 Tilloy-lez-Marchiennes > Sars-et-Rosières 2400 m     
14 Beuvry-la-Forêt > Orchies 1400 m    
13 Orchies 1700 m     
12 Auchy-lez-Orchies > Bersée 2700 m     
11 Mons-en-Pévèle 3000 m      
10 Mérignies > Avelin 700 m   
9 Pont-Thibaut > Ennevelin 1400 m    
8a Templeuve - l'Épinette 200 m  
8b Templeuve - le Moulin-de-Vertain 500 m   
7 Cysoing > Bourghelles 1300 m    
6 Bourghelles > Wannehain 1100 m    
5 Camphin-en-Pévèle 1800 m     
4 Carrefour de l'Arbre 2100 m      
3 Gruson 1100 m   
2 Willems > Hem 1400 m   
1 Roubaix 300 m  

Equipos editar

25 conxuntos foron os que iniciaron a proba. Os 18 equipos do UCI WorldTour, que tiveron que participar obrigatoriamente, e 7 equipos profesionais continentais convidados. Todos eles partiron de saída con 7 ciclistas.

UCI WorldTour editar

Equipo País Código
AG2R La Mondiale   Francia ALM
Astana   Casaquistán AST
Bahrain-Merida   Bahrain TBM
BMC Racing Team   Estados Unidos BMC
Bora-Hansgrohe   Alemaña BOH
Dimension Data   Suráfrica DDD
EF Education First-Drapac   Estados Unidos EFD
Groupama-FDJ   Francia FDJ
Katusha-Alpecin   Suíza KAT
Lotto-Soudal   Bélxica LTS
LottoNL-Jumbo   Países Baixos TLJ
Mitchelton-Scott   Australia MTS
Movistar Team   País Vasco MOV
Quick-Step Floors   Bélxica QST
Team Sky   Reino Unido SKY
Team Sunweb   Alemaña SUN
Trek-Segafredo   Estados Unidos TFS
UAE Team Emirates   Emiratos Árabes Unidos UAD

Profesional Continental editar

Equipo País Código
Cofidis   Francia COF
Delko–Marseille Provence-KTM   Francia DPM
Direct Énergie   Francia DEN
Fortuneo-Samsic   Francia TFO
Veranda's Willems-Crelan   Bélxica VWC
Vital Concept   Francia VCC
WB-Aqua Protect-Veranclassic   Bélxica WVA

Favoritos editar

Tralo retiro do tetracampión Tom Boonen, ningún dos corredores que tomaban a saída contaban con dous triunfos, polo que os principais favoritos eran os ciclistas que mellor tempada levaban realizada ata a data da proba. Entre eles destacaban: o tricampión do mundo eslovaco Peter Sagan, que viña de vencer a Gante-Wevelgem e facer bos postos na temporada de lastras; o holandés Niki Terpstra, que se amosaba nun estado de forma excepcional tras vencer escapado en solitario tanto no Tour de Flandres unha semana antes, coma na E3 Harelbeke; ou o campión olímpico belga Greg Van Avermaet que tan só viña de facer un podio na tempada, pero que sempre conta entre os favoritos neste tipo de carreiras. Outros corredores que podían ter opcións de cara á vitoria podían ser: o campión do mundo de ciclocross Wout van Aert, o veterano especialista Philippe Gilbert, o sprinter galo Arnaud Démare, o checo Zdeněk Štybar ou mesmo o belga Sep Vanmarcke.

Morte de Michael Goolaerts editar

 
O falecido Michael Goolaerts.

Ademais da fantástica vitoria de Sagan, a 116ª París-Roubaix estivo marcada polo mozo corredor belga de 23 anos Michael Goolaerts do Veranda's Willems-Crelan. No segundo sector de lastra da carreira, o que discorría entre Viesly e Briastre a uns 70 km de meta, Goolaerts sufriu un paro cardíaco que lle ocasionou unha fulminante caída ao chan[4]. O corredor, novato nesta clásica, non daba síntomas de reacción, polo que foi rapidamente trasladado en helicóptero a un hospital de Lille. Horas máis tarde, ás 22:40, os servizos médicos confirmaban o pasamento do ciclista, logo de que non puidesen facer nada por salvalo[5].

Resumo da carreira editar

 
Sagan e Diller a escasos quilómetros de liña de meta.

Dende o inicio a carreira estivo controlada polo poderoso Quick-Step Floors. A máis de 100 km probaron a marchar do pelotón seis corredores: a promesa española Marc Soler, Sven Erik Bystrøm, Jimmy Duquennoy, Ludovic Robeet, Jelle Wallays e Silvan Dillier. Aos que se sumaban uns quilómetros despois outros tres corredores: Gatis Smukulis, Jay Robert Thomson e Geoffrey Soupe. Estes ciclistas aguantaron moitos quilómetros en cabeza de carreira, chegando a abrir ocos de máis de 7 minutos, mais foron cazados moi lonxe de meta.

Despois de levarse a cabo a caza da maioría deses fuxidos, sucedéronse os intentos de ataque por parte dos compoñentes do pelotón. Philippe Gilbert, Zdeněk Štybar ou mesmo Greg Van Avermaet foron algúns dos corredores favoritos que o intentaron.

 
Grupo perseguidor liderado por Niki Terpstra a 25 km do final.

Porén, o ataque definitivo chegaba a unha distancia de 55 quilómetros da meta, no que Peter Sagan arrancaba do pelotón. Axiña se produciron movementos de contraataque, pero mentres o eslovaco lograba conectar co grupiño de cabeza de carreira, os perseguidores quedaban en terra de ninguén ata que desistiron no seu esforzo e se deixaron caer ao pelotón. A reducida cabeza de carreira quedaba con dous compoñentes, Silvan Dillier (que levaba en fuga máis de 100 km) e o propio Sagan, logo de que Jelle Wallays (tamén escapado máis de 100 km) non dese aguantado o ritmo á altura do lastra de Cysoing. Mentres tanto, no pelotón producíanse cortes e del partía un pequeno grupo de perseguidores, entre os que estaban: Niki Terpstra, Greg Van Avermaet, Jasper Stuyven, Sep Vanmarcke e Wout van Aert, que a menos de 25 km quedou atrás por mor dunha avaría mecánica. Nos derradeiros tramos de pavimento, o campión do mundo lanzábase fortísimo pero o campión suízo soldábase á súa roda sen que o dese soltado. Ao ver que non daban recortado a diferenza, Terpstra saltou para lograr a terceira praza. Finalmente, a vitoria decidíase ao sprint no Velódromo de Roubaix, no que Sagan se impoñía con supremacía ao helvético Dillier.

Clasificación editar

Pos Ciclista Dorsal Equipo Tempo
  Peter Sagan   111 Bora-Hansgrohe 5 h 54' 06"
  Silvan Dillier   74 AG2R La Mondiale m.t.
  Niki Terpstra 11 Quick-Step Floors + 57"
  Greg Van Avermaet   1 BMC Racing Team + 1' 34"
  Jasper Stuyven 46 Trek-Segafredo m.t.
  Sep Vanmarcke 21 EF Education First-Drapac m.t.
  Nils Politt 165 Katusha-Alpecin + 2' 31"
  Taylor Phinney 25 EF Education First-Drapac m.t.
  Zdeněk Štybar   17 Quick-Step Floors m.t.
10º   Jens Debusschere 131 Lotto-Soudal m.t.
11º   Mike Teunissen 106 Team Sunweb m.t.
12º   Oliver Naesen   71 AG2R La Mondiale m.t.
13º   Wout van Aert 81 Veranda's Willems-Crelan m.t.
14º   Jelle Wallays 137 Lotto-Soudal + 2' 37"
15º   Philippe Gilbert 13 Quick-Step Floors + 3' 07"
16º   Amund Grøndahl Jansen 203 Team LottoNL-Jumbo m.t.
17º   John Degenkolb   41 Trek-Segafredo m.t.
18º   Marco Marcato 56 UAE Team Emirates m.t.
19º   Dylan van Baarle 97 Team Sky m.t.
20º   Heinrich Haussler 191 Bahrain-Merida m.t.

Puntos UCI editar

A París-Roubaix outorga os seguintes puntos para o UCI WorldTour aos 60 primeiros clasificados:

Posto 10º 11º 12º 13º 14º 15º 16 ao 20º 21 ao 30º 31 ao 50º 51 ao 55º 56 ao 60º
Puntos 500 400 325 275 225 175 150 125 100 85 70 60 50 40 35 30 20 10 5 3

Referencias editar

  1. "O espectáculo chámase Sagan". marca.com. 
  2. "Sagan fai brilar o arco da vella 37 anos despois". París-Roubaix. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2018. 
  3. "Sectores de pavé" (PDF). 
  4. "O belga Goolaerts sofre un paro cardíaco". marca.com. 
  5. "Paris-Roubaix : la mort de Michael Goolaerts endeuille une nouvelle fois le peloton". lemonde.fr. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar