Parálisis Permanente

Parálisis Permanente foi un grupo español de post punk da década dos oitenta, ao que se considera iniciador dunha corrente de son escuro dentro da chamada movida madrileña. Xurdidos a principios da década en Madrid, trala separación de Alaska y los Pegamoides, sacaron un único LP e viron truncada violentamente a súa prometedora carreira cando se atopaban no seu mellor momento. A pesar do seu breve percorrido, hoxe en día considéraselles unha banda de culto dentro das contraculturas sinistra e punk española, ademais de encaixar no prototipo de banda maldita na que a sombra dun final tráxico proxéctase sobre a obra facendo que esta tome unha maior relevancia, non só polo que é, senón, ademais, polo que puido ser.

Parálisis Permanente
OrixeMadrid, España
Período1981 - 1983
Xénero(s)Punk siniestro, darkwave
Selo(s) discográfico(s)DRO, 3 Cipreses
MembrosEduardo Benavente, Jaime Urrutia, Rafa Balmaseda, Ana Curra, Toti, Javier Benavente, Nacho Canut
Na rede
MySpace: paralisispermanente BNE: XX183196 Spotify: 5OIvhuAngAyS1rt3MU5r3k Musicbrainz: 8b4d7237-5ec8-4201-a702-4b95819d3890 Discogs: 787310 Allmusic: mn0002078284 Deezer: 65537 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A banda foi formada por Eduardo Benavente (guitarra e voz) e Nacho Canut (baixo), exmembros de Alaska y los Pegamoides, xunto ao irmán do último, Johnny Canut batería), en 1981. Presentaron o proxecto Parálisis Permanente na sala Jardín, afastándose do son Pegamoide e optando por un aire sinistro e escuro máis próximo a bandas como Décima Victima ou Gabinete Caligari.

As reticencias de Hispavox a traballar con Parálisis levan ao grupo a acudir a Tic-Tac, empresa navarra que edita o seu primeiro sinxelo, "Autosuficiencia", do que rodarían o único vídeo do grupo.

En outubro de 1981 gravan un EP con Jaime Urrutia, de Gabinete Caligari, esgotándose enseguida as mil copias distribuídas. Por iso a discográfica Tres Cipreses, que recollía as gravacións da banda e doutras como os Desechables, reeditou o disco cunha portada nova.

Ante tal éxito, Servando Carballar, creador do selo DRO, proponlles lanzar un novo EP con catro novas cancións, entre elas "Quiero ser Santa" (escrita nun principio para Pegamoides) e "Un día en Texas".

Trala marcha do grupo de Nacho Canut para unirse a Alaska y Dinarama, entran ao baixo o ex-Glutamato Ye-Ye e ex-Derribos Arias, Rafa Balmaseda, ademais de Ana Curra aos teclados, outra Pegamoide e compañeira sentimental de Eduardo.

En xullo de 1982 publican os trece temas do LP El Acto. Nel explotábase unha vertente escura e tenebrosa do punk, o que se interpretou como a germinación en España da semente do movemento Post-punk ou Afterpunk, corrente iniciada no Reino Unido por bandas musicais como Joy Division, Killing Joke, The Damned, The Cure... en España, Gabinete Caligari ou Décima Vítima son representante temperáns desa corrente. As dúas versións, con letra en castelán, son "Heroes" de David Bowie e "Quiero ser tu perro" dos Stooges.

En 1983 saíu o seu último sinxelo, "Nacidos para dominar". O 14 de maio do mesmo ano, volvendo dun concerto en León e dirixíndose a Zaragoza a tocar, o coche en que viaxaban Eduardo, Ana e Toti sáese da estrada pola choiva, nas proximidades de Alfaro (A Rioxa). Eduardo Benavente, que contaba con tan só vinte anos, morreu no acto, mentres que Ana Curra tivo que ser hospitalizada e Toti só sufriu feridas leves. A noticia chegou ao festival que se estaba celebrando en Zaragoza onde tiñan previsto participar, pouco logo de terminar Alaska y Dinarama a súa actuación.

Discografía

editar
  • Autosuficiencia, EP compartido con Gabinete Caligari (1981)
  • Quiero ser santa, EP (1982)
  • El Acto, LP (3 Cipreses, 1982)
  • Nacidos para dominar/Sangre, SP (1983)
  • Singles y primeras grabaciones, LP recompilatorio (DRO, 1995)

Membros

editar
  • Eduardo Benavente, guitarra, voz
  • Jaime Urrutia, guitarra
  • Rafa Balmaseda, baixo
  • Ana Curra, teclados, voz
  • Toti, batería
  • Javier Benavente, voz
  • Nacho Canut, baixo