The Damned é unha banda inglesa de punk gótico formada en Londres en 1976 polo vocalista principal Dave Vanian, o guitarrista Brian James, o baixista (despois guitsrrista) Captain Sensible e o batería Rat Scabies.[1] Foi o primeiro de punk británico en publicar un sinxelo, "New Rose" (1976),[2] lanzar un álbum de estudio, Damned Damned Damned (1977),[3] e realizar unha xira polos Estados Unidos.[4] O grupo converteríase nun dos precursores do xénero gótico.

The Damned
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1976 - presente
Xénero(s)punk rock, rock gótico
Selo(s) discográfico(s)Stiff, Chiswick, Bronze, Toshiba, Nitro, English Channel, MCA
MembrosDave Vanian
Captain Sensible
Monty Oxy Moron
Pinch
Stu West
Na rede
officialdamned.com
IMDB: nm1504714 Facebook: 10644147851 Twitter: damnedtwits Instagram: eternally_damned Youtube: UCzutsHtxpt5NlFFF_vQUHpQ Spotify: 6VeL8VhaMjHTPc5uovFl3h iTunes: 3184019 Musicbrainz: 77d21c13-846f-4f48-9546-873949eff6ae Songkick: 381837 Discogs: 152965 Allmusic: mn0000138520 Deezer: 6415 Editar o valor em Wikidata

A banda incorporou numerosos estilos á súa música e imaxe, incluíndo garage rock, rock psicodélico, cabaret ee o rock teatral de Screaming Lord Sutch e Alex Harvey. O estilo do seu principal vocalista, Dave Vanian, foi descrito como semellante ao crooner. The Damned disolveuse e reformouse varias veces, sendo Vanian o seu único membro constante. Porén, as formacións sempre incluíron ao guitarrista Captain Sensible e/ou ao batería Rat Scabies, que son membros fundadores.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Damned Damned Damned 1977 Stiff Records
Music for Pleasure 1977 Stiff Records
Machine Gun Etiquette 1979 Chiswick
The Black Album 1980 Chiswick
Strawberries 1982 Bronze Records
Phantasmagoria 1985 Off Beat
Anything 1986 MCA
Not of This Earth 1995 Toshiba
Grave Disorder 2001 Nitro Records
So, Who's Paranoid? 2008 English Channel Records
Evil Spirits 2018 Spinefarm Records/Search and Destroy
Darkadelic 2023 earMUSIC

Notas editar

  1. "The Damned Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-04-22. 
  2. Robb, John; Craske, Oliver (2012). Punk rock: an oral history. Oakland, CA: PM. p. 243. ISBN 978-1-60486-005-4. 
  3. Jones, Chris. "BBC - Music - Review of The Damned - Damned Damned Damned". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2024-04-22. 
  4. "The Damned on playing small venues, headgear that protects you from spit, and why they won't stop 'til the Stones do". San Francisco Bay Guardian Archive 1966–2014 (en inglés). Consultado o 2024-04-22. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar