Jaime Urrutia
Jaime Urrutia Valenzuela, nado en Madrid en 1958, tamén coñecido como Jaime de Urrutia, é un músico da chamada Movida madrileña.
Jaime Urrutia | |
---|---|
Jaime Urrutia | |
Nome completo | Jaime Urrutia Valenzuela |
Data nacemento | 1958 Madrid, Comunidade de Madrid |
Nado en | Madrid |
Ocupación | músico e compositor |
Xénero | Rock |
Instrumento(s) | Voz, guitarra |
Selo(s) discográfico(s) | DRO East West, DRO Atlantic |
Relacionado con | Ejecutivos Agresivos, Gabinete Caligari |
Tempo en activo | 1979 — actualidade |
Na rede | |
www.jaimeurrutia.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Foi membro de Ejecutivos agresivos, un dos grupos seminais da nova onda, da que xurdiron tamén grupos como Derribos Arias ou Décima víctima, e que iniciaron as hordas chamadas «sinistras» da movida, que tiñan por principais influencias a combos británicos como The Cure, Joy Division ou Bauhaus. Cando o grupo se disolveu, fundou xunto con Ferni Presas e Edi Clavo Gabinete Caligari, tirando o nome da famosa película do expresionismo alemán.
Tras unha primeira época escura —con temas como "Tren especial", "Olor a carne quemada" ou "Cómo perdimos Berlín"—, as composicións de Urrutia derivaron a outras máis eclécticas, recuperando temas alleos ó universo do rock en canto ás letras, como aquelas que son estupendos retratos do mundo do toureo —o seu pai fora crítico taurino— e aderezándoas con melodías influídas pola tarantela ou o pasodoble.
Tras Gabinete Caligari, o seu primeiro disco en solitario foi Patente de corso, do que destacaron temas como "Qué barbaridad" ou "Castillos en el aire". Posteriormente editou El muchacho eléctrico. Ambos discos ampliaron a paleta musical deste compositor madrileño que coqueteou coa bossanova e os ritmos latinos, se ben, debido en boa parte á situación do mercado musical, obtivo escasas vendas en comparación coa época de Gabinete Caligari. Porén, Jaime Urrutia mantén o pulso compositivo, creando letras moi próximas a certa época de Gabinete, pero moi afastadas do que é o patrón compositivo dos cantautores españois.
É curioso que a pesar de que Gabinete Caligari era un grupo solvente en vivo, xamais editou ningún concerto gravado, excepto algúns temas soltos nalgunhas reedicións posteriores dos seus discos. Pero o 20 de febreiro de 2007 Jaime Urrutia gravou En Joy, o seu primeiro disco en directo na sala Joy Eslava xunto con músicos da súa xeración como Ariel Rot ou Loquillo e outros tantos como Eva Amaral de Amaral, Dani Martín de El Canto del Loco ou o dúo Pereza, entre outros.