Derribos Arias
Derribos Arias foi unha banda de post-punk española da década de 1980, encadrada no movemento cultural coñecido como a movida madrileña. O seu son, cru, caótico, en ocasións melódico e en ocasións cacofónico, estaba infuenciado polo afterpunk, o punk e a psicodelia, ademais de contar cun compoñente de humor absurdo definido por algúns como dadaísta ou surrealista.
Derribos Arias | |
---|---|
Orixe | Madrid, España |
Período | 1981 - 1987 |
Xénero(s) | Post-punk |
Membros | Poch † Alejo Alberdi Teclados e programacións Juan Verdera Baixo Paul Batería |
Na rede | |
Historia
editarDerribos Arias foi un produto da creatividade de Poch (Ignacio Gasca, morreu en 1998), unha persoa extravagante, pintoresca e excesiva. Recórdaselle como protagonista dalgúns dos episodios máis delirantes da chamada Movida madrileña.
Ejecutivos Agresivos foi o primeiro proxecto de Poch con transcendencia discográfica (un single chamado "Mari Pili"). Nel participaron músicos que despois integrarían bandas como Décima Víctima ou Gabinete Caligari.
Derribos Arias durou de 1981 a 1987, pero a súa actividade discográfica cesou en 1984. Nos seus anos dourados, 1983 e 1984, rexistraron os singles "Branquias bajo el auga", "A-Flúor" e "Aprenda alemán" e o LP En la guía, en el listín. Todos contaron con boas críticas na prensa musical e unha aceptación polo público relativamente boa tendo en conta o arriscado da proposta.
En 1984 sacarían Disco Pocho, con peor acollida. Pouco despois viría a disolución do grupo.
La Banda sin Futuro foi unha experiencia posterior a Derribos Arias. Con este grupo, Poch gravou un disco que non viu a luz no seu momento e cuxa copia pirata, con temas como "Nos van a desinfectar", converteuse en xoia de coleccionistas.
A mediados dos 80, a Poch diagnosticóuselle a enfermidade de Huntington, un mal dexenerativo do sistema nervioso que altera a cognición e a mobilidade e que lle levaría á morte en 1998.
En 1991, Poch, recibiu unha homenaxe de músicos amigos e admiradores chamado El chico más pálido de la playa del Gros, un recompilatorio con cancións de Derribos Arias versionadas por formacións como Siniestro Total, Negu Gorriak, Gabinete Caligari, Glutamato Ye-ye ou Fangoria. O traballo buscaba axudar a Poch cando este entraba na fase terminal da súa enfermidade.
Membros
editarFormación orixinal
editar- Poch: Guitarra, voz e letras
- Alejo Alberdi: Teclados e programacións
- Juan Verdera: Baixo
- Paul: Batería
Outros membros
editar- Deme Gómez: Baixo
- Ñete: Batería
Discografía
editar- Branquias bajo el agua (EP, Gasa, 1982)
- A-Flúor (Single/Maxi, Gasa, 1982)
- Aprenda alemán (Single, Gasa, 1983)
- En la guía, en el listín (LP, Gasa, 1983)
- Disco pocho (Maxi, Gasa, 1984)
- CD (recompilación, CD, Gasa, 1996)
- La centralita de información (recompilación, Disco-Libro, Dro, 2001)
Poch en soitario
- Poch se ha vuelto a equivocar (LP, Epic, 1985)
- Nuevos sistemas para viajar (LP, Gasa, 1988)
como La Banda Sin Futuro
- Grabaciones desinfectadas (CD, Subterfuge, 1997)