Pancrustáceos
Pancrustáceos Pancrustacea | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Abella común (Apis mellifera) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subfilos | |||||||||||||
O dos pancrustáceos (Pancrustacea) é un taxon (clado) proposto para comprender todos os crustáceos e os hexápodos.
Esta agrupación é contraria á hipótese dos atelocerados, na que os miriápodos e os hexápodos son un clado, e os crustáceos están máis afastados filoxenericamente deles.
O taxon monofilético dos pancrustáceos está apoiado por numerosos estudos moleculares, nos que os crustáceos anteceden a un grupo parafilético cos insectos (o que significa que os insectos derivaron de antepasados crustáceos).[1][2][3][4]
A partir de 2010, o taxon Pancrustacea considérase aceptado pola comunidade científica.[5]
Etimoloxía
editarO termo Pancrustacea está formado polo elemento do latín científico pan-, calco do grego antigo παν- pan-, derivado de πᾶς πᾶσα πᾶν pãs, pãsa, pãn, "todo", e do nome Crustacea, derivado do latín crusta, "o que envolve ou recobre", "codia", "cotra", "costra, "carapola", que designa clasicamente unha clase de artrópodos, xeralmente acuáticos, nos que a casca está constituída por quitina impregnada de sales cálcicos.
Sinónimo
editarO clado tamén foi sido chamado Tetraconata Dohle, 2001, en referencia ao cadrado de omatidios que presentan moitos dos seus membros.[6] Este nome é preferido por algúns científicos para evitarmos a confusión co uso de pan- para indicar un clado que inclúe a un grupo de cabeza e a todos os representantes dos grupos da súa estripe ou descendencia.[7]
Filoxenia
editarSegundo Omar Rota-Stabelli et al. (2011), a posición dos pancrustáceos, dentro do clado dos euartrópodos (Euarthropoda), é a seguinte:[5]
Euarthropoda |
| ||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ J. C. Regier; J. W. Shultz; R. E. Kambic (2005). "Pancrustacean phylogeny: hexapods are terrestrial crustaceans and maxillopods are not monophyletic". Proceedings of the Royal Society B 272 (1561): 395–401. PMC 1634985. PMID 15734694. doi:10.1098/rspb.2004.2917.
- ↑ Jerome C. Regier, Jeffrey W. Shultz, Andreas Zwick, April Hussey, Bernard Ball, Regina Wetzer, Joel W. Martin & Clifford W. Cunningham (2010). "Arthropod relationships revealed by phylogenomic analysis of nuclear protein-coding sequences". Nature 463 (7284): 1079–1083. PMID 20147900. doi:10.1038/nature08742.
- ↑ Bjoern M. von Reumont, Ronald A. Jenner, Matthew A. Wills, Emiliano Dell'Ampio, Günther Pass, Ingo Ebersberger, Benjamin Meyer, Stefan Koenemann, Thomas M. Iliffe, Alexandros Stamatakis, Oliver Niehuis, Karen Meusemann & Bernhard Misof (2012). "Pancrustacean phylogeny in the light of new phylogenomic data: support for Remipedia as the possible sister group of Hexapoda". Molecular Biology and Evolution 29 (3): 1031–1045. PMID 22049065. doi:10.1093/molbev/msr270.
- ↑ Todd H. Oakley, Joanna M. Wolfe, Annie R. Lindgren & Alexander K. Zaharoff (2013). "Phylotranscriptomics to bring the understudied into the fold: monophyletic ostracoda, fossil placement, and pancrustacean phylogeny". Molecular Biology and Evolution 30 (1): 215–233. PMID 22977117. doi:10.1093/molbev/mss216.
- ↑ 5,0 5,1 Omar Rota-Stabelli, Ehsan Kayal, Dianne Gleeson, Jennifer Daub, Jeffrey L. Boore, Maximilian J. Telford, Davide Pisani, Mark Blaxter & Dennis V. Lavrov (2010): "Ecdysozoan Mitogenomics: Evidence for a Common Origin of the Legged Invertebrates, the Panarthropoda" Arquivado 10 de xullo de 2012 en Archive.is. Genome Biology and Evolution. 2: 425–440. doi:10.1093/gbe/evq030 Arquivado 10 de xullo de 2012 en Archive.is. PMID 20624745.
- ↑ W. Dohle (2001): "Are the insects terrestrial crustaceans? A discussion of some new facts and arguments and the proposal of the proper name 'Tetraconata' for the monophyletic unit Crustacea+Hexapoda". Annales de la Société Entomologique de France. 37 (1–2): 85–103.
- ↑ Stefan Richter, Ole S. Møller & Christian S. Wirkner (2009). "Advances in Crustacean Phylogenetics" Arquivado 22 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (PDF). Arthropod Systematics & Phylogeny. 67 (2): 275–286.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pancrustacea na EOL.
- Pancrustacea no NCBI.