Atelocerados

(Redirección desde «Atelocerata»)

O dos atelocerados (Atelocerata) é un clado de artrópodos proposto por algúns autores para incluír os hexápodos (insectos e algúns pequenos taxons relacionados) e os miriápodos (milpés, cempés, e taxons similares), pero que exclúe aos crustáceos e os quelicerados (como os arácnidos e os xifosuros).

Atelocerados / Traqueados
Atelocerata / Tracheata
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa

Bilateria
Protostomia

Superfilo: Ecdysozoa
Filo: Arthropoda
Superclases

Descrición sumaria

editar

Trátase dunha amplísima agrupación de artrópodos que comprende a todos os que respiran por traqueas, para distinguilos dos crustáceos, que respiran mediante branquias.

Terminoloxía

editar

O nome Tracheata é un termo antigo, orixinalmente proposto por Ernst Haeckel en 1866 para agrupar os arácnidos, os miriápodos e os insectos.[1]

O termo foi redefinido en 1893 por Reginald Innes Pocock para excluír os arácnidos.[1]

O nome Atelocerata foi proposto en primeiro lugar por Richard Heymons en 1901,[2]

Ambos os nomes, Atelocerata e Tracheata, considéranse hoxe como equivalentes ou sinónimos.[1][3]

Status discutido

editar
Véxase tamén: Pancrustáceos.

O status dos atelocerados como clado válido discútese hoxe debido a varios estudos de filoxenia molecular. Algúns autores viron recentemente aos crustáceos como máis estreitamente relacionadas cos hexápodos que cos miriápodos.[1][4] De ser isto certo, entón os caracteres compartidos polos hexápodos e os miriápodos, pero non polos crustáceos, deben de ser o resultado dunha evolución converxente dalgúns destes prupos, ou a unha perda secundaria nos crustáceos.[5]

Filoxenia

editar

Baixo o punto de vista filoxenetico os atelocerados serían unha das dúas pólas nas que se divide o clado do mandibulados (Mandibulata), que comprende os crustáceos e que se distingue do que integra aos quelicerados e aos trilobites. Pero cómpre sinalar que sobre a árbore filoxenética dos mandibulados opóñense dúas interpretacións controvertidas.

A primeira, baseada en análises de filoxenia molecular, agrupa as superclases dos hexápodos e dos crustáceos no clado dos pancrustáceos, distinguíndoo do clado que comprende aos miriápodos.[6]

Euarthropoda
.

Chelicerata

Mandibulata
.

Myriapoda

Pancrustacea
.

Hexapoda

.

Crustacea

A segunda, baseada nas relacións morfolóxicas, os grupos das superclases dos hexápodos e os miriápodos sitúanse no subfilo dos atelocerados Atelocerata ou traqueados, distinguíndoos dos crustáceos:

Euarthropoda
.

Chelicerata

Mandibulata
Tracheata
.

Myriapoda

.

Hexapoda

.

Crustacea

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Koenemann, Stefan; Jenner, Ronald A.; Hoenemann, Mario; Stemme, Torben; von Reumont, Björn M. (2010). "Arthropod phylogeny revisited, with a focus on crustacean relationships" (PDF). Arthropod Structure & Development 39 (2-3): 88–110. PMID 19854296. doi:10.1016/j.asd.2009.10.003. 
  2. Richard Heymons (1901). "Die Entwicklungsgeschichte der Scolopender". Zoologica (Sttutgart: Erwin Nägele ed.) 33: 1–244, tables i–viii. doi:10.5962/bhl.title.1587. 
  3. Cook, C. E; Yue, Q.; Akam, M. (2005). "Mitochondrial genomes suggest that hexapods and crustaceans are mutually paraphyletic". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 272 (1569): 1295–1304. PMC 1564108. PMID 16024395. doi:10.1098/rspb.2004.3042. 
  4. Guillaume Lecointre & Hervé Le Guyader (2006). The Tree of Life: A Phylogenetic Classification. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-02183-9. 
  5. Maximilian J. Telford & Richard H. Thomas (1995). "Demise of the Atelocerata?". Nature 376 (6536): 123–124. doi:10.1038/376123a0. 
  6. Rota-Stabelli, Omar; Campbell, Lahcen (22 de xaneiro de 2011). "A congruent solution to arthropod phylogeny: phylogenomics, microRNAs and morphology support monophyletic Mandibulata". Proceedings of the Royal Society of London B: Biological Sciences (en inglés) 278 (1703): 298–306. doi:10.1098/rspb.2010.0590. Consultado o 7 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar