Palmeira do Senegal

especie de planta
Palmeira do Senegal

Palmeira do Senegal
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Monocots
(sen clasif.): Commelinids
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Xénero: 'Phoenix'
Especie: P. reclinata
Nome binomial
'Phoenix reclinata'
Jacq.

A palmeira do Senegal (Phoenix reclinata) é unha palmeira datileira do norte da África, Madagascar e as Illas Comores. Medra dende o nivel do mar até os 3000 m, en clareiros de bosques tropicais chiviosos e abas rochosas.

As palmeiras do Senegal do xardín botánico de Padrón (en Padrón, A Coruña) atópanse no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Descrición

editar

De características similares á palmeira común en canto ás follas, porén co caule curto e altura que alcanza no máximo 50 centímetros. Follas e caule presentan espiños longos que podem furar a pel das persoas.

É menor que a palmeira anana, e se asemella máis a un arbusto que a unha árbore, ao contrario da imaxe máis coñecida que se ten dunha palmeira.

 

P. reclinata é unha palmeira dioica que produce múltiples caules 7,5 a 15 m de alto e 30 cm de largo. As follas son pinnadas e curvadas, de 2,5 a 4,5 m de longo e 0,75 de largo. A cor das follas é verde intenso brillante cun pecíolo de 30 cm con espiños longos e afiados na base, con 20 a 40 follas por coroa.

As plantas son unisexuais e as floriñas aparecen na parte alta dos talos. As floriñas masculinas son dun amarelo pálido escuro e desaparecen despois da floración; as femininas son miúdas, globosas e amarelo-verdosas.[1] Esta especie bota uns froitos oblongos e comestíbeis, de cor laranxa cando madurecen e con 2,5 cm de diámetro. Os froitos áchanse en acios largos e pendurados contendo cada un unha semente.[1]

As palmas do xénero Phoenix hibridan facilmente unhas coas outras resultando múltipleas variacións naturais. Normalmente aturan algo de salinidade e seca cando a camada freática fica permanentemente alta.[1]

 
A colleitar os froitos na palmeira do Senegal (P. reclinata)

Ademais dos froitos, que consomen animais e humanos, o miolo da palma é comestíbel (palmito). En Natal, Suráfrica, e no delta de Okavango, Botswana, apáñase o zume pouco antes da floración para facer viño de palma. As fibras das follas novas e pechadas pódense usar para facer alfombras, kilts e vasoiras. As raíces conteñen taninos e pódense usar para facer colorante marrón. Tamén producen unha goma comestíbel. A madeira é lixeira mais pouco útil.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Roodt, Veronica (1992). Phoenix reclinata in The Shell Field Guide to the Common Trees of the Okavango Delta and Moremi Game Reserve. Gaborone, Botswana: Shell Oil Botswana

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar