Abrir o menú principal

O Palacio do Elisio[1] (en francés: Palais de l'Élysée) é a sede da Presidencia da República francesa. O edificio está situado no VIII Distrito de París, na rúa de Faubourg Saint-Honoré, e a súa construción remóntase ao século XVIII.

Palacio do Elisio
Palais de l'Elysée Entrée.JPG
entrada principal ao Palacio de Elisio
Edificio
EstiloClasicismo
Enderezo55 Rue du Faubourg Saint-Honoré
LocalizaciónParís Flag of France.svg Francia
Coordenadas48°52′52″N 2°19′02″L / 48.88111, -2.31722
PropietarioGoberno de Francia
ArrendatarioPresidente de Flag of France.svg Francia Emmanuel Macron
Construción
Construción1718
Remate1722
Equipo
Arquitecto(s)Armand Claude Mollet

Índice

HistoriaEditar

Foi propiedade inicial do conde Louis Henri de La Tour d'Auvergne que mandou construílo entre 1718 e 1722. Tras a morte do conde de la Tour d'Auvergne en 1753, a marquesa de Pompadour comprou o palacio para que fose a súa residencia parisiense, e legado a Luís XV á súa morte en 1764. Logo foi comprado en 1773 polo rico banqueiro Nicolás Beaujon, que o cedeu en 1786 a Luís XVI reservándose o usufruto. O rei vendeuno en 1787 a súa curmá Batilde de Orleans, duquesa de Borbón, que o ocupou excepto durante o seu arresto entre 1793 e 1795, baixo a Revolución Francesa.

O goberno revolucionario deu ao palacio diversos destinos ata o regreso da duquesa en 1797. Esta alugou a planta baixa a un negociante chamado Hovyn, que organizaba festas e bailes nos salóns e no xardín, pero acabou poxado o edificio cando decidiu emigrar a España. Hovyn adquiriuno pero tivo que vendelo en 1805 para pagar as súas débedas. Comprouno o mariscal Joachim Murat, quen, ao ser nomeado rei de Nápoles en 1808 cedeu a Napoleón Bonaparte todas a súas propiedades en Francia. En xuño de 1815 o palacio foi escenario da abdicación final de Bonaparte antes de ser desterrado, e coa Restauración borbónica pasou a ser parte dos bens da Coroa en 1816.

Desde 1848, por decisión da Asemblea Nacional da Segunda República, o palacio do Elisio ten sido a residencia oficial do Presidente da República en Francia, pero ao proclamarse o Segundo Imperio Francés en 1852, Napoleón III escolleu residir no palacio das Tullerías, tradicional residencia parisiense dos monarcas franceses. Á caída do Imperio en 1870, o novo goberno da Terceira República dispuxo que o palacio do Elisio fose a residencia oficial do presidente de Francia.

O Elisio mantívose como residencial oficial dos presidentes de Francia ata xuño de 1940, cando foi pechado e abandonado cando as tropas da Alemaña nazi tomaron París no final da batalla de Francia. Tras a derrota Alemaña, volveu ser residencia presidencial en 1946 e continúa sendo no século XXI.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para elisio.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar