Pablo Hasél

rapeiro catalán



Pablo Rivadulla Duró, nado en Lleida no 1988, coñecido artisticamente como Pablo Hasél, é un rapeiro catalán. Empezou utilizando unicamente o nome de Hasél nas súas primeiras pezas, utilizando logo o nome de Pablo Hasél.

Infotaula de personaPablo Hasél

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Lleida Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaComunismo, Republicanismo e Antifascismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista político , escritor , rapeiro , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica hip hop e spoken word Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioPablo Hasél Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porapology of terrorism (en) Traducir (2014)
→ (encarceramento)
insults and slander against the Institutions of the State (en) Traducir (2018)
→ (Multa)
apology of terrorism (en) Traducir (2018)
→ (encarceramento, Multa)
insults to the Spanish crown (en) Traducir (2018)
→ (Multa)
asalto (2020)
→ (encarceramento)
obstrução da justiça (pt) Traducir (2021)
→ (encarceramento)
ameaça (pt) Traducir (2021)
→ (encarceramento) Editar o valor em Wikidata

Páxina webpablohaseldesdeprision.wordpress.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9608099 Facebook: pablo.haselsverdlov Twitter: PabloHasel Instagram: pablohaseloficial Youtube: UCQpvELhYCAxRhlt3-sh2NPg Musicbrainz: 2f9644b4-7a2a-431e-a2b0-c76c8161fcc5 Discogs: 2908484 Editar o valor em Wikidata

Nas súas letras, sempre directas e sen eufemismos, trata tres tipos de temáticas onde lle amosa ao público a realidade que percibe mediante feitos, críticas e teoría política comunista: "crítica social e rap antisistema, temas sentimentais e persoais e finalmente, temas nos que se ri de todo", segundo declarou nunha entrevista, aínda que nas súas últimas maquetas trata as dúas primeiras temáticas.[1] Entre as súas fontes de inspiración ten mencionado a cantautores como Joaquín Sabina, Carlos Valera, Silvio Rodríguez, e Ismael Serrano,[1] aínda que tamén se pode notar a influencia de escritores como Vladimir Maiakovski ou de personaxes históricos como Ernesto Che Guevara ou Iosif Stalin.

Distribuíu todos os seus traballos de maneira gratuíta en Internet a través de coñecidas webs dedicadas ao hip hop como hiphopdirecto.net ou hhgroups.com. Tamén subiu numerosos temas ao YouTube, moitos deles inéditos, a través dunha conta que el mesmo xestiona.

Traxectoria editar

É fillo do expresidente da Unió Esportiva Lleida Ignacio Rivadulla[2], á súa vez fillo do militar Andrés Rivadulla Buira. Debutou na escena underground do rap español coa demo Esto no es el paraíso en 2005, aínda que non sería até dous anos despois cando saerían á luz as súas dúas primeiras referencias: Miedo y Asco en Ilerda e, uns meses máis tarde, Trastorno Tripolar.

É autor dos libros "Derritiendo icebergs" en solitario e Veinte poemas de odio y dos corazones descuartizados, "Dos canallas a sueldo de la habana" e "Con la solidaridad por bandera" escritos canda o poeta astorgano Aitor Cuervo.

Foi detido en Lleida o 4 de outubro de 2011 por ensalzar na súa canción Democracia su puta madre ao que fora Secretario Xeral do PCE(r), Manuel Pérez Martínez (Camarada Arenas), condenado a 17 anos de cárcere por pertenza ao GRAPO.[3][4] No momento da súa detención, a policía rexistrou e requisou varios discos duros, así como libros. A nova da súa detención provocou un terremoto nas redes sociais, que se encheron de mensaxes de apoio cara ao rapeiro.[4] Así mesmo, numerosos artistas recolleron sinaturas a través da plataforma Actuable esixindo a súa liberación inmediata.[5] Na mañá do 5 de novembro, tras declarar ante a Audiencia Nacional, saíu en liberdade provisional sen fianza, coa obriga de comparecer quincenalmente nos xulgados. Ás 19:00 uns 200 mozos manifestáronse en Lleida para reclamar a libre absolución do rapeiro.

No ano 2014 foi condenado a dous anos de prisión por enaltecemento do terrorismo, debido ao contido das súas letras.[6] En 2018 recibiu na Audiencia Nacional unha nova condena de dous anos e un día de prisión polo contido de 64 dos seus chíos en Twitter e da súa canción "Juan Carlos el Bobón".[7] Foi condenado por tres delitos: enaltecemento do terrorismo, inxurias e calumnias contra a Coroa e inxurias e calumnias contra as institucións do Estado.[8] Dita condena foi rebaixada en 2020 a 9 meses de prisión pola Sala de Apelación da Audiencia Nacional por considerar que as súas mensaxes non supoñían un "risco real" para as persoas.[9]

En febreiro de 2020, cando faltaban poucos días par ao seu ingreso en prisión, 200 artistas, entre eles Joan Manuel Serrat, Pedro Almodóvar ou Luís Tosar, asinaron un manifesto de apoio ao rapeiro e á liberdade de expresión, e pedindo a súa liberdade.[10] Tamén Amnistía Internacional iniciou unha campaña pola súa liberdade.[11] O seu encarceramento uns días despois provocou manifestacións en apoio ao rapeiro en numerosas cidades españolas durante varios días, así como disturbios nalgúns puntos, principalmente en Barcelona, e máis dun cento de detidos.[12][13]

Discografía (maquetas) editar

En solitario editar

  • Esto no es el paraíso (demo) (2005)
  • Miedo y Asco en Ilerda – Reeditado co título Ilerda rima con mierda (2007)
  • Trastorno Tripolar (2007)
  • Desde el abismo se goza de las mejores vistas (2006-2008)
  • No me joda doctor (2007)
  • En ningún lugar pero aquí (Zyon Revol "Frankie Brown" + Hasél) (2008)
  • Descuartizando resacas (2009)
  • Quemando la vida (con Kaktan)(2009)
  • Cuando el tiempo no nos tocaba las ilusiones (2006-2009)
  • Se lo vomite al viento mientras ella se drogaba con otro (2010)
  • Inéditas por culpa de Aileen Wuornos (2007-2010)
  • Banquete de larvas (demo) (2010)
  • El Che disparaba (2011)
  • Siempre perdidos 1 (2008-2010)
  • Siempre perdidos 2 (2008-2011)
  • Solos en medio del misterio infinito - Poemas (2011)
  • Polvo y ceniza (2011)
  • Un café con Gudrun Ensslin (2011)
  • El infierno sería verlos más allá (2010-2011)
  • Crucificado en tu clítoris (2011)
  • Las resakas: Besos cortados con coca (2011)
  • Canciones supervivientes al registro policial (2012)
  • La tortura placentera de la luna: algunas canciones inéditas (2012)
  • Escribiendo con Ulrike Meinhof (2012)
  • Empezar de bajo 0: Algunos poemas grabados (2012)
  • La noche que supe que hay laberintos sin salida (2012)
  • Poemas de presos políticos comunistas (2012)
  • Los gusanos nunca volarán (inéditas) (2012)
  • Sigue desnudándose la dictadura del capital (2013)
  • Por mera superviviencia (inéditas) (2013)
  • Por mera superviviencia II (inéditas) (2013)
  • Por mera superviviencia III (inéditas) (2013)
  • Un gin tonic con Andreas Baader (2013)

Con Marc Hijo de Sam editar

  • La muerte nos obligó a vivir (2012)
  • Las resakas: Besos cortados con coca (2011)

Con Cíniko como "Prozaks" editar

Maqueta editar

  • Recital de ideales/No me joda Doctor (2008)

Colaboracións editar

  • Ciniko: Rabia (La teoría del nada/2007)
  • Zwit: Violé a mis monstruos
  • Rekiêm: Insomnio dicta (Amaneciendo en persia/2011)
  • Los Chikos del Maíz: Los hijos de Iván Drago (Pasión de Talibanes/2010)
  • Be timeless: La muerte en cada partícula (Sencillo y en silencio/2011)
  • Charly efe: Follando como perros (Sra. Muerte pase usted primero/2011)
  • RPG-7: Pásate (En tu ciudad/2012)
  • shakymc: Compositor de varios temas (Joel Murillo. 2009-2012)
  • Gorka: Señalando obstáculos (Con Pipe Díaz,2013)
  • H.Kanino - 16.Vidas al límite (Con Ozhe,2013)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 NikoneCons (30/08/2011). Entrevista al rapero revolucionario Pablo Hasél (1/2) (YouTube). LLeida. Consultado o 6/10/2011. 
  2. ABC (5 de octubre). "Unos 200 jóvenes reclaman en Lleida la absolución de Pablo Hasél". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2011. 
  3. "Condenados a 17 años tres grapos que colocaron una bomba en Madrid en 1998". Lainformacion.com. 2 de octubre de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 4 de abril de 2014. 
  4. 4,0 4,1 El Mundo (4 de octubre de 2011). "La Policía detiene a un rapero de Lleida por enaltecer el terrorismo al cantar a los Grapo". Consultado o 4 de outubro de 2011. 
  5. 20 minutos (5 de octubre). "El rapero Pablo Hasél, detenido por apología del terrorismo". Consultado o 12 de outubro de 2011. 
  6. Pérez, Fernando J. (1 de abril de 2014). "Dos años de cárcel para un rapero por enaltecimiento del terrorismo". Consultado o 1 de abril de 2014. 
  7. "Estos son los 64 tuits y la canción por los que ha sido condenado el rapero Pablo Hasél" (en castelán). 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 2. 
  8. "Pablo Hasél: su historial judicial" (en castelán). 21 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  9. "La Audiencia rebaja a 9 meses la condena a Pablo Hásel por enaltecer el terrorismo" (en castelán). 14 de setembro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  10. "Serrat, Almodóvar y otros 200 artistas apoyan a Pablo Hasel y piden que no ingrese en prisión" (en castelán). 8 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  11. "RAPEAR NO ES DELITO. ¡ACTÚA PARA CAMBIAR EL CÓDIGO PENAL Y DEFIENDE LA LIBERTAD DE EXPRESIÓN!". Amnistía Internacional (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  12. "La manifestación por Hasel en A Coruña transcurrió sin incidentes". El Ideal Gallego (en castelán). 18 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  13. "Las protestas por Hasél en Cataluña se saldan con 102 detenidos en cinco días" (en castelán). 21 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar