PO-905

estrada autonómica galega de Vila de Cruces ao límite provincial Pontevedra/A Coruña (Pontevedra)

A PO-905 é unha estrada da rede primaria complementaria da Xunta de Galicia que une Vila de Cruces con Arzúa, continuando como AC-905 (cunha nova quilometraxe) a partir do límite coa provincia da Coruña. Ten unha lonxitude de 11,11 quilómetros e atravesa lugares de interese como o encoro de Portodemouros e o Museo do Mel. O tramo Vila de Cruces-Portodemouros foi reformado máis pronto, mentres que a parte coruñesa tivo unha reforma máis tardía. No encoro de Portodemouros aínda conserva o vello trazado pola imposibilidade de reforma.

PO-905
TipoloxíaEstrada convencional C-50
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude11,1 km
Localización
InicioVila de Cruces
FinArzúa

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar