Púrpura (medicina)

A púrpura[1] é un conxunto de manchas de cor vermella escura ou púrpura que aparecen na pel, nas mucosas ou nas serosas durante o curso de múltiples enfermidades e se caracterizan por non desapareceren ao exercer presión sobre elas. Aparece con decoloracións que poden ser causadas por hemorraxias subcutáneas. As pequenas manchas chámanse petequias,[2] mentres que as máis grandes poden ser equimoses ou hematomas.[3]

Púrpura
Petequias de púrpura
EspecialidadeDermatoloxía, Hematoloxía
SíntomasManchas ou áreas de cor morada ou avermellada na pel
ComplicaciónsSegundo a causa, pode ter complicacións asociadas como problemas renais ou dixestivos
Inicio habitualPode ser agudo ou crónico
DuraciónVariábel
TiposPúrpura trombocitopénica, Púrpura de Schamberg, Púrpura senil, Púrpura de Henoch-Schönlein
CausasSangramento de pequenos vasos sanguíneos
Factores de riscoCertas enfermidades, medicamentos, infeccións
DiagnósticoExame físico, análise de sangue, biopsia de pel
Condicións semellantesHematomas, telanxiectasias
PrevenciónVariará segundo a causa
TratamentoSegundo a causa; pode incluír corticosteroides, inmunoglobulinas, entre outros
MedicaciónDepende da causa subxacente
PrognoseXeralmente benigno, pero depende da causa subxacente
FrecuenciaVariábel segundo o tipo e a poboación
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Asóciase habitualmente co tifo, pero tamén pode estar presente coa meninxite ou outras doenzas.

Clasificación editar

Existen varias clasificacións das púrpuras. A púrpura está clasificada na Clasificación Internacional de doenzas CID-10 como d65 e d69, no CID-9 (287) e tamén se pode referenciar na base de datos DiseasesDB co código 25619.[4]


A púrpura é un sinal común e inespecífico, pero o mecanismo que a causa normalmente implica:

  • Trastornos das plaquetas:
    • púrpura trombocitopénica primaria;
    • Púrpura trombocitopénica secundaria.
  • Trastornos vasculares:
    • Lesións microvasculares, como se observa na púrpura senil (dos anciáns), na que os vasos sanguíneos se lesionan máis facilmente;
    • estados hipertensivos;
    • Vasculite, como no caso da púrpura de Henoch-Schönlein.
  • trastornos da coagulación
    • Coagulación intravascular diseminada (CID).

Notas editar

  1. "púrpura". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-07. 
  2. "petequia". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-07. 
  3. "equimose". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-07. 
  4. "Lista Tabular de Enfermedades. Capitulo 03". eciemaps.mscbs.gob.es (en castelán). Consultado o 2023-08-07. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.