Pobra de Seabra

concello e vila da provincia de Zamora
(Redirección desde «Póboa da Seabre»)

Pobra de Seabra[1][2] (en castelán: Puebla de Sanabria, en leonés: La Puebla ou La Viella[3][4]) é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.

Modelo:Xeografía políticaPobra de Seabra
Imaxe

Localización
Mapa
 42°03′19″N 6°38′01″O / 42.055277777778, -6.6336111111111Coordenadas: 42°03′19″N 6°38′01″O / 42.055277777778, -6.6336111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalPuebla de Sanabria Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.376 (2023) Editar o valor em Wikidata (16,9 hab./km²)
Xeografía
Superficie81,44 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude941 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Fernández Blanco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49300 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE49166 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpueblasanabria.org Editar o valor em Wikidata

Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2017 vivían 1.432 habitantes. Encóntrase a 111 km da capital, Zamora. As localidades que forman o concello de Pobra de Seabra son: A Pobra de Seabra, Robledo (El Robréu en leonés), Ungilde (Unxilde) e Castellanos.

Historia editar

Seabra aparece documentada desde o século VII como parroquia sueva e ceca visigoda baixo o nome de "Senapria". No século X a "Urbs Senabrie" é citada como referente territorial nos primeiros diplomas do mosteiro de San Martín de Castañeda. A consolidación deste núcleo urbano como cabeza de toda a comarca xabresa debeu producirse a partir do reinado de Afonso VII, posteriormente Afonso VIII fomentou o seu desenvolvemento mediante o outorgamento dunha carta poboa o 1 de setembro de 1220, inspirada no Foro de Benavente. O texto de devandito foro é coñecido a través dun privilexio de Afonso X (Sevilla, 19 de maio de 1263) polo que confirma e modifica parcialmente a carta foral de Afonso VIII.

Durante o século XVII sufriu a Guerra de Separación de Portugal ao estar situada en plena fronte de batalla. De igual xeito, durante a Guerra de Sucesión ocorrida en España entre os partidarios de Filipe de Anjou e o Arquiduque Carlos, a vila foi ocupada por tropas portuguesas, sendo recuperada pola Monarquía Hispánica o 24 de decembro de 1715, consonte o previsto na Paz de Utrecht.

O 27 de xuño de 1931, cando se proclamou a Primeira República Galega, na Pobra de Seabra realizouse unha manifestación na cal se izou a bandeira galega e se exhibiu un cartel que puña: «Queremos anexarnos a Galicia».[5]

Demografía editar

A poboación de Pobra de Seabra non variou demasiado nos últimos 100 anos. Houbo continuos aumentos e diminucións da poboación. O crecemento dos anos 70 débese a que absorbeu outro concello, Ungilde.

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2008
1.107 1.107 1.028 1.286 1.219 1.367 1.297 1.588 1.858 1.696 1.577 1.595

Política editar

A repartición de escanos quedou deste xeito:


PSOE PP Outros Total
2007 6 3 0 9
2011 7 2 0 9
2015 9

Patrimonio artístico editar

 
Lago de Seabra

Festas editar

O 8 de setembro celébranse as festas da nosa Señora das Vitorias, que duran toda a semana e ás que acoden xentes de toda a comarca, dados os importantes espectáculos que ofrecen.

Notas editar

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. Fernández Salgado, Benigno (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Galaxia. p. 924. 
  3. http://www.academia.edu/2128243/_Que_facemos_cola_toponimia_de_Zamora
  4. Cano Echebe, Juan Jesús (2005). "Un apunte de toponimia zamorana". Revista de Filoloxía Asturiana. pp. 113–115. 
  5. Arrizado, Fernando (22.6.2010). "27 de xuño de 1931: Proclámase a República Galega". Vieiros. Consultado o 3.11.2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar