Péter Erdő
Péter Erdő, nado o 25 de xuño de 1952 en Budapest, é un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo metropolitano de Esztergom-Budapest dende 2002.
Traxectoria
editarPéter Erdő naceu o 25 de xuño de 1952 en Budapest, o primeiro dos seis fillos nunha familia de intelectuais católicos.
O 18 de xuño de 1975 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Esztergom polo bispo László Lékai, entón administrador apostólico de Veszprém. Entre 1975 e 1977 traballou nunha parroquia de Dorog.
En 1976 obtivo o doutoramento en Teoloxía, e entre 1977 e 1980 estudou na Pontificia Universidade Lateranense, conseguindo o doutoramento en Dereito Canónico en 1980. Posteriormente, até 1986, ensinou Teoloxía en Esztergom, e entre 1986 e 2002 foi profesor na Pontificia Universidade Gregoriana, compaxinando este traballo co de profesor na Universidade Católica Péter Pázmány, da que posteriormente foi reitor.
O 5 de novembro de 1999 foi nomeado bispo auxiliar de Székesfehérvár e bispo titular de Puppi. Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 2000 na Basílica de San Pedro, de mans do papa Xoán Paulo II, e sendo os co-consagradores principais Giovanni Battista Re e Marcello Zago.
O 7 de decembro de 2002 o papa nomeouno arcebispo de Esztergom-Budapest e primado de Hungría, e no consistorio do ano seguinte Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Balbina.
En 2005 foi elixido presidente da Conferencia Episcopal Húngara, e reelixido en 2010 por outros cinco anos. Tamén, en 2006 foi elixido presidente do Consello das Conferencias Episcopais Europeas, e reelixido en 2011. O 14 de outubro de 2014 foi nomeado Relator Xeral da Terceira Asemblea Xeral Extraordinaria do Sínodo dos Bispos.
O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
Distincións e premios
editarTen sido nomeado doutor honoris causa por varias institucións académicas, amosadas a continuación en orde cronolóxica:
- 1996: Instituto Católico de París
- 2001: Universidade Babeș-Bolyai[2]
- 2004: Universidade Católica de Lublin
- 2007: Universidade de Múnic
- 2008: Universidade de Constanza
- 2011: Universidade de Navarra[3] e Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia
Obtivo tamén en 1999 o Premio internazionale Galileo Galilei.[4]
Obra
editar- Szent István Társulat, ed. (1983). Az ókeresztény kor egyházfegyelme: az elsö négy században.
- Szent István Társulat, ed. (1985). Az Egyházi Törvénykönyv. A Codex Iuris Canonici hivatalos latin szövege magyar fordítással és magyarázattal.
- Esztergomi Papnövendékek M. Egyházirodalmi Iskola, ed. (1985). Jövőnket építjük: emlékkönyv az Esztergomi Papnövendékek Magyar Egyházirodalmi Iskolája fennállásának 150 éves évfordulójára.
- Pontificia Università Lateranense, ed. (1986). L'ufficio del primate nella canonistica da Graziano ad Uguccione da Pisa.
- Budapesti Római Katolikus Hittudományi Akadémia jegyzetosztály, ed. (1989). Bevezetés a kánoni jogba: bevezetö ismeretek, általános szabályok.
Notas
editar- ↑ "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0513). 27 de xuño de 2015.
Il Santo Padre Francesco ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Péter Erdő, Arcivescovo di Esztergom‑Budapest [...]
- ↑ Universidade Babeș-Bolyai (5 de outubro de 2001). "Laudatio pentru Excelenţa Sa Episcop Péter Erdő". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2014.
Universitatea „Babeş-Bolyai” [...]. Acordăm astăzi, aşadar, titlul de DOCTOR HONORIS CAUSA, la propunerea Consiliului profesoral al Facultăţii de Drept şi a Facultăţii de Teologie Romano-Catolică, Excelenţei Sale Episcopul profesor Péter Erdő.
- ↑ Universidade de Navarra (ed.). "CO Honoris Causa-Péter Erdő - Detalle". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ Universidade de Pisa (ed.). "Premio internazionale Galileo Galilei 1999". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2014.