Ourente de Auch

relixioso cristián

Ourente de Auch[1], coas variantes Orente[1] e Orencio[2], (posiblemente do latín Orientius 'oriental'[1]) foi, segundo a tradición, bispo de Auch, venerado como santo.

Infotaula de personaOurente de Auch

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Orens d'Auch Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Osca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 444 Editar o valor em Wikidata
Auch Editar o valor em Wikidata
Arcebispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , sacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeséculo IV Editar o valor em Wikidata - século V Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de maio Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisOrentius of Huesca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Patientia of Huesca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLourenzo mártir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 95158913 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

A tradición aragonesa faino orixinario de Huesca e irmán de San Lourenzo, mais, debido ás cronoloxías, é improbable. Tamén se adoita sinalar que era fillo de Orencio e Paciencia. Existe bastante acordo nas fontes en advertir que foi elixido bispo de Auch (Francia), cargo que exerce con xustiza. Cando o sitio de Tolosa, logrou a paz entre visigodos e romanos. Este feito foi fundamental para que frutificase a posterior coalición contra Atila.

Consérvanse 24 salmos atribuídos ao santo nun códice de Tours.

Confluencia con Orientius, poeta editar

Nalgunhas fontes conflúe con outro Orientius, poeta cristián de lingua latina do que se conservou, principalmente, unha especie de longo sermón en dísticos elexíacos, Commonitorium fidelium, que alecciona o home para que se poña en garda contra os obstáculos (a envexa, a luxuria, a guerra, a ebriedade...).

Galicia editar

En Galicia, venérase na igrexa parroquial de Santo Ourente de Entíns, Outes.[3] Por este motivo, existen algunhas cantigas e refráns que aluden a san Ourente e mais a san Campio, que ten unha capela nesta mesma parroquia[3]:

  • San Orente foi militar / que xa foi servir ó rei / i ahora está no altare.[3]
  • San Orente foi obispo / San Campio foi militar / ahora que xa son vellos / están xuntos no altar.[3]
  • San Campio e san Ourente / están os dous nun altar / Santo Ourente é pescador / e San Campio militar.[3]
  • Vamos ó San Campio, nena / san Campio é mui valente / que ten a súa capela / na fonte de santo Ourente.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  2. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario de nomes galegos. Ir Indo.