Abrir o menú principal

Os tres Augustos e os cinco Emperadores

Historia e tradiciónEditar

A tradición china atribúe a estes personaxes mitolóxicos a fundación da civilización china e a invención das institucións sociais, culturais e económicas, como a familia, a agricultura, a escritura etc. A pesar do carácter lendario das historias que se contan sobre estes personaxes, que viviran centos de anos e foran responsábeis de feitos milagrosos, é posíbel que na orixe de estas lendas se atopen personaxes reais, xefes tribais do III milenio a. C. que lograran vitorias militares previas á unificación da posibelmente lendaria dinastía Xia.

As fontes históricas chinas coinciden no número de tres augustos e cinco emperadores, pero as identidades de estes varían segundo as fontes, existindo versións diversas tanto para os augustos como para os emperadores.

Tres augustosEditar

Existen varias versións das identidades dos tres augustos (三皇 sān huáng):

  • Augusto Celestial (天皇 Tiānhuáng), Augusto Terrenal (地皇 Dìhuáng) e Augusto Qin (泰皇 Qínhuáng), segundo as Memorias históricas de Sima Qian.
  • Augusto Celestial, Augusto Terrenal, e Augusto Humano (人皇 Rénhuáng), segundo a obra da dinastía Song Tàipíng Yùlǎn (太平御覽), que cita unha obra da dinastía Han Occidental, o Chūnqiū Wěi (春秋緯). Esta lista diferénciase da anterior só no emprego dun nome lixeiramente diferente para o terceiro augusto.
  • Suiren, Fuxi e Shennong, segundo o Shàngshū dàzhuàn (尚書大傳) e o Báihǔ Tōngyì (白虎通義).
  • Fuxi, Nüwa e Shennong, segundo o Yùndòu Shū (運斗樞) e o Yuánmìng Bāo (元命苞).
  • Fuxi, Shennong e o Emperador Amarelo, segundo o Dìwáng Shìjì (帝王世紀).
  • Fuxi, Shennong e Gònggōng (共工), segundo o Tōngjiàn Wàijì (通鑒外紀).

Cinco emperadoresEditar

As identidades máis habituais dos cinco emperadores (五帝 wǔ dì) son as que se mencionan en varios escritos da antigüidade, como as Memorias históricas, o Shìběn (世本) ou o Dàdàijì (大戴記). De acordo con estas obras, os cinco emperadores son os seguintes:

  • O Emperador Amarelo.
  • Zhuānxù (顓頊).
  • Dìkù (帝嚳), ou simplemente (嚳).
  • Tángyáo (唐堯), ou simplemente Yáo (堯).
  • Yúshùn (虞舜), ou simplemente Shùn (舜).

Véxase taménEditar