Os dous poetas épicos

Os dous poetas épicos é unha expresión coa que se enxalza dous poetas épicos sobre todos os demais, cun propósito canónico[1]. Inicialmente facía referencia aos dous grandes épicos gregos que cuñaron o xénero: Homero e Hesíodo (ambos localizados confusamente no tempo, ao final da idade escura e o comezo da época arcaica: século -VIII - século -VI).

Homero.
Hesíodo e a Musa, de Gustave Moreau.

A composición da Eneida equiparou ao latino Virxilio co grego Homero, co que a partir de entón adóitanse citar emparellados.

Á súa vez, a composición d'A Divina Comedia equiparou a Dante, ben con Virxilio (que é o que o acompaña na súa viaxe infernal), ben con ambos.

A renovación do xénero a partir do Renacemento, fixo que a expresión se estendese a outras parellas: como Ariosto e Tasso (os dous poetas épicos italianos) ou Camões e Ercilla (os dous poetas épicos ibéricos[2]).

Notas editar

  1. Uso bibliográfico en español, en francés y en inglés
  2. Úsase mesmo o numeral «tres»: Ercilla, Hojeda e Balbuena, os tres poetas épicos máis coñecidos no Novo Mundo (La poética de Aristóteles Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.) (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar